Xoán Bascuas Jardón, nº 9 de Compromiso na Baña

Son Xoán, neto de Armando e Soledad, os da taberna do Barro, fillo de María e de Manuel, os que viven ao pé do campo do Cruceiro.
Como moita veciñanza do Barro, nacín na emigración, porque a nosa Terra non ofrecía oportunidades. E desde aquela, no noso Concello a cousa non foi a mellor precisamente.
Desde moi novo tiven inquedanzas políticas o que me levou a implicarme e a traballar polo meu país. Até o punto de ser actualmente o secretario xeral de Compromiso por Galicia. Con todo, gáñome a vida como profesor na Facultade de Traballo Social da Universidade de Santiago.
Creo firmemente que César Ramos e a candidatura que encabeza son o que precisa a Baña. O revulsivo necesario para revitalizar unha vila, unha proposta que conxuga mocidade con experiencia. A oportunidade que se merece unha veciñanza que non quere ver como o seu Concello contiunúa a esmorecer.
Sei que o vindeiro 24 de maio na Baña vai alborexar.

bascuas