Volve aos bares de S. Vicente da man de Compromiso, a mostra fotográfica “A Baña, imaxes de onte, lembranzas de hoxe” de Javier Iglesias Ramos.

A partir do xoves 23 de xullo, os e as bañenses terán unha nova oportunidade para visionar nos bares Cadeas, Fortuna, Muíño e Unión o traballo fotográfico do bañense, Javier Iglesias Ramos. 

A exposición organizada por CxG A Baña coa colaboración de Lau Creaciones regresa aos bares da nosa vila, máis de tres anos despois da súa inauguración.

logo exposición CxG

A exposición conta con máis de cen fotografías distribuídas en catro apartados: lembranzas da nosa xente, das nosas angueiras, das nosas festas e das nosas tabernas. Supón un repaso ao traballo fotográfico do autor na Baña entre os anos 1993, cando Javier empezou con este oficio, e o 2005, ano no que se foi a Irlanda.

javier
Javier Iglesias Ramos, autor deste traballo fotográfico.

Aquí temos esta mostra de imaxes que transmiten ao observador esas peculiaridades desta vila da provincia da Coruña, as súas xentes, as súas festas e romarías, as súas tarefas e angueiras e tamén os seus bares e tabernas, que pretenden dar unha imaxe conxunta do que foi a Baña nesa época pasada.

DESCARGAR INFORMACIÓN DA EXPOSICIÓN E DO AUTOR

“Persoas que medraron e cambiaron co paso dos anos, outras que, lamentablemente, xa non están… lugares que seguen perennes ao tempo e outros que mudaron habilmente con ese devagar continuo do paso dos anos…
Escenas da vida que Javier Iglesias Ramos é quen de capturar, proxectar a través da lente da súa cámara e converter maxistralmente en IMAXES que a través do tempo se converten, case como un feitizo, nas nosas LEMBRANZAS; pegadas que algo do pasado deixa na memoria e que vén a ela nun momento determinado deixando un repouso de nostalxia e tenrura. É este o obxectivo desta exposición.
En Compromiso por Galicia A Baña sentímonos orgullosos de ser parte desta comunidade e ese orgullo e fachenda son os que guían todo o noso esforzo e dedicación. Con esta exposición esperamos trasladar, en certa maneira, ese sentir, e que todos e todas gocedes tanto coma nós ofrecéndovos este traballo”. César Ramos. Secretario local e concelleiro de CxG A Baña.

Compromiso por Galicia con este xesto quere, ademais, colaborar cos locais de hostalaría da vila da Baña, nesta situación tan complicada para eles, ofrecéndose tamén a levar o traballo fotográfico a outros negocios ou colectivos doutras parroquias deste noso Concello.

CxG apela á responsabilidade da veciñanza.

Apelamos á responsabilidade da veciñanza e pedimos que toda a xente que se achegue a estes locais, cumpra coas medidas preventivas na propagación do COVID 19: non tocar as fotografías, utilización de máscara protectora, gardar a distancia social e utilización de xel hidroalcohólico.

cartel_proba

#ISTOSUPERÁMOLOENTRETOD@S

#ORGULLOBAÑENSE

#CxGCOLABORANDOCOASEMPRESASLOCAIS

#EUCOMPROMISO