Compromiso visita as instalacións da Reitoral de Monte

O pasado 18 de decembro entregamos no rexistro municipal unha instancia para solicitar ao grupo de goberno que nos deran permiso para visitar a antiga Reitoral de S. Mamede de Monte, instalacións que non son propiedade do Concello (o Concello só ten unha concesión de 20 anos) o grupo de goberno investiu máis de medio millón de euros en subvencións públicas para crear unha residencia para maiores, e que até o de agora non tivo ningunha utilidade real máis que utilizar o espazo para algunha actividade educativa ou obradoiro puntual.

IMG_20180219_170917373

Dende Compromiso por Galicia fomos moi críticos co goberno municipal referente a este proxecto  e pedimos en reiteradas ocasións as oportunas explicacións pola falta de información, por enganar continuamente á veciñanza respecto á inminente apertura das instalacións e por prometer en campaña electoral algo que sabían de antemán que non se podía cumprir (no programa electoral do 2015, por exemplo, figuraba como punto principal “Poñer en marcha o Fogar Residencial de Monte”, cando xa se sabía que esas instalacións non estaban adaptadas para cumplir esa función).

ARTIGO SOBRE TODA A PROBLEMÁTICA DA REITORAL DE MONTE

CONTINÚA O SECRETISMO RESPECTO Á REITORAL

FALTA DE CLARIDADE E OBSCURANTISMO RESPECTO Á REITORAL DE MONTE

No pasado pleno ordinario o alcalde, o señor García Cardeso, confirmounos que tiñamos pemiso para visitar devanditas instalacións e onte, luns 19 de febreiro, membros de Compromiso por Galicia A Baña achegámonos á parroquia de Monte para coñecer de primeira man o estado das propias instalacións.

Confirmamos que se tratan dunhas instalacións de moita calidade, con cociña industrial perfectamente equipada e cuartos ben acondicionados pero que debido ás características de ser unha casona medieval dificilmente se poderían adaptar para a creación dunha residencia para maiores ou fogar residencial, xa que carecen de acceso a ambulancia, rampas para cadeiras de rodas, existencia de escalóns, etc.

Facemos públicas as instantáneas para que a veciñanza coñeza en qué  investiu o PP máis de 500.000 euros de carácter público, tendo en conta que no 2029, se non se prorroga a concesión, voltarán a ser instalacións propiedade da Igrexa.

IMG_20180219_165315395 IMG_20180219_165628962_HDR IMG_20180219_171111832 IMG_20180219_170350572

 

IMG_20180219_165750222 IMG-20180219-WA0012

 

WhatsApp Image 2018-02-19 at 19.43.11 IMG_20180219_170529218 IMG-20180219-WA0016