Vídeo do terceiro pleno

Eiquí vos traemos o vídeo resumo do pasado pleno. Abaixo do vídeo tedes os minutos para non perderse ou para localizar os puntos do traballo e oposición que fixemos neste pleno.

Mocións:

0:46 – Moción sobre a meninxite B, que presenta o voceiro do PSOE.

2:32 – César Ramos manifesta que Compromiso non fará política barata e que se son mocións importantes para os veciños sempre actuará con responsabilidade.

4:50 – Moción de Compromiso contra a violencia de xénero.

8:40 – O PSOE mostrase dacordo.

9:00 – O alcalde fai a súa valoración.

12:22 – César Ramos expón a moción sobre a páxina web municipal.

15:39 – O alcalde da a súa opinión.


 

Respostas do alcalde ás preguntas formuladas por Compromiso no último pleno:

  • 19:26 – Sobre o vertedoiro ilegal en San Vicenzo, o cal xa informamos no mes de abril da súa existencia.
  • 23:10 – Sobre a foto do alcalde en 1912 Manuel Amigo Gontán, que non está no salón de plenos.
  • 24:36 – Sobre que os días de feira se poña algunha sinal para desviar o tráfico.
  • 24:59 – Pediramos que se arranxara o acceso a San Vicente pola rúa Rosalía de Castro.
  • 25:35 – Tamén pediramos que se arranxara a barreira do pozo de auga na Ermida.
  • 25:51 –  Para se informara aos gandeiros sobre a forma correcta de botar abono orgánico nas leiras, pois vimos que se estaba incumprindo a normativa.
  • 26:18 – Sobre o cambio de horario dos plenos.
  • 26:39 – Sobre a existencia de dúas ordenanzas no prezo do abono da piscina, pregunta na cal reclamamos unha solución en beneficio da veciñanza.
  • 28:58 – Sobre a limpeza sistemática da fonte da praza do concello.
  • 29:17 – Sobre as relacións coas diferentes asociacións e colectivos por parte do Concello e a creación dun clima favorable para que non ocorra, por exemplo, que nas parroquias se queden sen celebrar as festas.
  • 33:05 – Solicitamos un espello para o cruce cara a Francos en Faxín.
  • 33:32 – Sobre a obra de Rial, pregunta non formulada no último pleno e rexistrada uns días antes deste, e que o alcalde tentou terxiversar, dicindo que Compromiso preguntou que se fixera un muro particular por parte da brigada municipal cando non foi así; Compromiso preguntou que obra era esa, e que actuación fixo a brigada municipal en Rial.
  • 35:40 – Sobre a substitución no PAI de San Mamede.

 

Preguntas de Compromiso por Galicia para que resposte o alcalde no seguinte pleno

  • 40:33 – Queremos saber por que non se nos permite utilizar a Casa da Cultura para os distintos actos culturais que organizamos.
  • 41:07 – Solicitamos o arranxo das persianas do local social de San Vicente.
  • 41:14 – Pedimos que a revista municipal teña un espazo reservado ás actividades de asociacións e colectivos da Baña, e non só se limite ao feito polo Concello.
  • 41:39 – Queremos saber cal é a situación da casa reitoral de San Mamede, na que se investiu unha importante cantidade de diñeiro.
  • 41:51 – Solicitamos información sobre se a empresa contratada para a explotación da piscina municipal cumpriu o acordado na xunta de goberno local, e en caso negativo, se se variou o importe a cobrar por parte desta empresa.
  • 42:25 – Pedimos a limpeza nun tramo da estrada Cabanas – O Barro que está sempre enlamado e que se busque unha solución.
  • 42:42 – Avisamos da existencia dunha pedra de grandes dimensións nun arró da estrada Nantón – O Barro, a altura do cemiterio e pedimos a súa retirada.
  • 42:57 – Gustaríanos saber por que a biblioteca permanece pechada 15 días e non hai substitución da súa encargada.
  • 43:20 – Veciños e veciñas de Outeiro (Corneira) e Seilán (Monte) avisaronnos de que coas novas luminarias non se ve ben. Piden que se aumente a súa intensidade, xa que o aforro enerxético está ben, pero que non debe olvidarse cal é a súa principal función.

 

VIDEO COMPLETO