Verónica Torreira Vales, 10ª en Compromiso na Baña

Teño 29 anos e vivo en Seilán. Estudiei un grao de técnico de farmacia e parafarmacia. Ademais son auxiliar sociosanitario e auxiliar de estética. Os meus inicios no mundo laboral foron na hostalería. Máis tarde, relacionado co que estudiei, nunha residencia xeriátrica e actualmente traballo nunha parafarmacia.
Estou en compromiso porque é hora dun cambio e dun cambio bo, dirixido por xente nova, que sabe o que quere e o que necesita o concello. E sobre todo que se preocupe polos habitantes da Baña e polas súas necesidades.

vero