Unha nova subvención aprobada na anterior lexislatura e que agora está no aire.

Despois de meses solicitando nos plenos que o alcalde nos dera unha copia do informe do autor do proxecto do “Parque Medioambiental do CPI de S. Vicente” e dado que o señor alcalde continúa esquivando esa cuestión e non quere ofrecer o informe desfavorable do autor do proxecto, facémolo dende CxG a través deste artigo.

Outra subvención que xa estaba aprobada na anterior lexislatura e pola mala praxis do PSOE está cuestionada.

Na anterior lexislatura o goberno do Partido Popular anuncia que é concedida unha subvención da Vicepresidencia da Xunta de Galicia para a creación dun parque medioambiental nas instalacións do CPI de S. Vicente, para dese xeito substituír as vellas instalacións do parque infantil que se atopaban en moi mal estado e darlle unha nova utilidade para o goce do alumnado e profesorado do centro educativo.

Nesa actuación investiríanse preto de 40.000 euros, dos cales 30.000 euros eran aportados pola Xunta de Galicia e a cantidade restante debía ser investida polo Concello da Baña.

Dende CxG interesámonos en varios plenos por esta actuación e incluso solicitáramos ao anterior grupo de goberno que as obras tiveran lugar durante o tempo de vacacións para non interromper o desenvolvemento habitual das clases.

A actuación a realizar e tal e como cita a propia memoria do proxecto elaborada polo arquitecto Ricardo Manuel Salgado Salgado debía ser un parque infantil con referencias á natureza e ao seu carácter didáctico xa que se trataba dun “parque medioambiental”. As características citadas na propia memoria son as seguintes:

– Unha torre en madeira para a interpretación dos castros.

– Un balancín con forma de animais instando os que vivían cos castreños.

– Un pavimento en caucho para que os pequenos poidan estar sentados e atender as explicacións da temática medioambiental e da vida deses castros.

– Uns paneis informativos que recollan os recursos medioambientais para poder interpretalos e poder traballar con cores sobre eses bens naturais.

– Mesas de madeira para traballos manuais onde os pequenos pidan estudar o medio natural que lles rodea.

En outubro de 2019 e xa co goberno do PSOE e con José Antonio Pereira de alcalde,  as redes sociais municipais sorpréndennos coa seguinte publicación na que se anuncia que a actuación xa está rematada e na que se ve ao señor alcalde e ao concelleiro de obras supervisando as obras.

paruqe infantil facebook
71848699_3017088031641028_2772516971432902656_nO alcalde José Antonio Pereira e o concelleiro de obras Jesús Manuel Pena supervisando a actuación

Membros de CxG visitamos as instalacións educativas e observamos, como se pode apreciar na imaxe de abaixo, que a actuación final non é o que se solicitaba na subvención, xa que esa infraestrutura pouco ou nada ten que ver co parque medioambiental descrito anteriormente.

72238075_3017088021641029_7674514105868222464_nEstado final da actuación

En varios plenos solicitamos a José Antonio Pereira unha copia do informe do autor do proxecto para observar de primeira man se a actuación era acorde ao solicitado, pero o señor alcalde NUNCA NOS DEU COPIA DO MESMO.

José Antonio Pereira asegurou no pleno que a subvención estaba xa cobrada pero no seguinte afirmou o contrario.

No pleno de febreiro incluso o alcalde mentía á veciñanza asegurando que a subvención xa estaba cobrada. Un mes despois en resposta a unha pregunta de CxG contradice as súas propias palabras e afirma que non estaba ingresada porque “non había remanente”. Podemos ver esa contradición nas imaxes seguintes:

No pleno de maio, e xa despois do periodo de confinamento, volvemos interesarnos por ese proxecto. O alcalde segue dando largas e non nos dá copia da memoria realizada polo autor  do proxecto pero sorpréndenos con esta resposta por escrito:

resposta pregunta paruqe medioambiental2Fragmento dunha resposta do señor alcalde a unha pregunta de CxG no pleno de maio

Por fin, e pescudando por outras vías, fomos quen de conseguir unha copia da memoria do proxecto que a continuación facemos público. Como se pode apreciar na imaxe de abaixo inclúe a seguinte conclusión: o parque infantil que se executou non corresponde co parque infantil de carácter medioambiental descrito na memoria, instalándose un parque tradicional que nada ten que ver coa proposta realizada

DESCARGAR INFORME

conclusions informe parque medioambientalConclusión dese informe asinado polo arquitecto autor do mesmo

Se no pasado pleno ordinario enterámonos que o Concello da Baña podía perder os 400.000 euros do proxecto do IDAE, agora decatámonos que tamén se poden perder os 30.000 desta subvención.

Dende CxG descoñecemos se finalmente se cobrou a subvención (aínda que o señor alcalde nunha reunión recente asegurou que agora si estaba ingresada), o que si sabemos é que o señor alcalde mentiu unha vez máis en sesión plenaria e tentou ocultar algo que como se pode apreciar é moi significativo. Ademais  é comprensible que será difícil que ese parque infantil pase a supervisión e avaliación pertinente por parte da Xunta de Galicia, polo que entendemos que o Concello da Baña, do mesmo xeito que pasa cos 400.000 euros do proxecto do IDAE, outra vez está en risco de perder ou ter que devolver os case 30.000 euros de subvención.

– Como é posible que unha actuación que xa estaba aprobada na anterior lexislatura estea cuestionada debido á acción deste grupo de  goberno do PSOE?

– Se a subvención era para crear un “parque medioambiental” porque o señor alcalde permite que se constrúa un parque infantil que nada ten que ver co proxecto inicial?

– Se os técnicos municipais, segundo nos responde o alcalde, son os únicos que coñecen os proxectos, para que publica o Concello unha foto na que sae o alcalde supervisando as obras?

– Por que este alcalde prefire mentir e ocultar antes que explicar todo con total transparencia á súa veciñanza?

 Fragmento pleno de 25 de xuño no que Cxg se interesa por este proxecto