UN POS CON MOITO COMPROMISO – CRÓNICA DO PLENO EXTRAORDINARIO E URXENTE DO 17/12/2019

Sesión plenaria  de moi curta duración, só 12 minutos. A sesión comeza puntual coa asistencia de toda a Corporación e con dous puntos na orde do día, a ratificación do carácter urxente da mesma e o POS + 2020.

IMG_20191217_175505266Os nosos concelleiros momentos antes do pleno

Na seguinte ligazón podedes ver as imaxes íntegras da sesión, colgadas na canle de Youtube do Concello da Baña. LIGAZÓN

1.- Ratificación do carácter urxente da sesión

César Ramos neste punto solicita máis organización e preparación do grupo de goberno. En dous meses xa se celebraron dous plenos urxentes e isto é un prexuízo para os concelleiros e concelleiras, xa que recibimos a convocatoria a escasas 24 horas da celebración do pleno. Ademais o punto sobre o polígono industrial (que había un acordo para tratalo neste pleno) non se puido incluír na orde do día ao non gozar da urxencia que require o pleno. Dende CxG pedimos unha mellor organización e coordinanción do grupo de goberno.

Todos os presentes votan a favor neste punto.

2.- Plan único da Deputación POS + 2020

César Ramos manifesta que van a votar a favor xa que 9 das obras recollidas neste POS son peticións de CxG.

Todos os presentes votan a favor neste punto e é aprobado por unanimidade,

 

A continuación expoñemos a opinión de CxG sobre a proposta do POS + aprobada na sesión plenaria.

Para a aprobación deste PLAN Único da Deputación da Coruña POS + 2020, a diferenza de outros anos, era necesario o acordo ou consenso de varias forzas políticas. A diferenza da anterior lexislatura a opinión de CxG era necesario tela en conta. Dende un primeiro momento, decidimos que a selección das obras da nosa proposta ía xirar en torno a tres criterios fundamentais: o solicitado polo noso grupo de goberno na anterior lexislatura, o noso programa electoral (é a nosa folla de ruta e o noso traballo político debe ser fiel ao proposto en campaña electoral) e ser coherente co solicitado dende a nosa posición en pasados POS, aínda que tiñamos en conta que a nosa posición política esíxenos chegar a acordos polo menos con unha dos outros grupos políticos da Corporación.

COMPROMISO CO NOSO PROGRAMA ELECTORAL

VER PROGRAMA ELECTORAL COMPLETO DE CxG NAS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

No apartado 4.6 do noso programa electoral referente a “Transportes e infraestruturas interparroquiais”

Finalización das políticas electoralistas do asfalto. Mellora cotiá dos accesos ás nosas aldeas e as vías de comunicación interparroquiais. Mellora da seguridade viaria nas estradas do Concello e Mellora da rede de saneamento e sumidoiros.

A nosa proposta, como podedes observar ao final deste artigo, inclúe a mellora en diferentes viais do noso Concello e a mellora no saneamento nunha parroquia, todos propostos por CxG ao anterior grupo de goberno e na anterior lexislatura.

No apartado 3.3 “Plan de emprego municipal para o sector servizos e turismo”

Planificación dunha estratexia real e ambiciosa do turismo rural. Creación dunha ruta de sendeirismo a través do río Barcala. Impulso coordinado coa Xunta de Galicia dun plan anual de limpeza dos ríos.

Como se pode observar, este POS vai incluír unha aposta ambiciosa polo turismo rural do noso Concello, para mostrar o noso patrimonio natural e un posible motor para atraer visitantes ao noso Concello.

COMPROMISO COA PALABRA DADA Á VECIÑANZA

Moitos veciños e veciñas se puxeron en contacto con nós, nesta e na anterior lexislatura para, a través de CxG, solicitar melloras e actuacións en diferentes lugares do noso Concello. Dende CxG todas as peticións foron levadas ao pleno municipal ou solicitadas ao grupo de goberno a través de instancias entregadas no rexistro.

Grazas a todos os veciños e veciñas que nos trasladaron as súas inquedanzas, moitas delas teñen resposta a través deste plan de obras e servizos.

COMPROMISO COA PROMOCIÓN TURÍSTICA DO NOSO CONCELLO

Dende CxG levamos moito tempo traballando para promocionar o noso Concello e atraer turismo. Aí está todo o noso traballo respecto á Recuperación da Ruta do Camiño de Santiago a Muxía ou a Vía Mariana. En xuño de 2018 mantivemos unha reunión con veciñas de Corneira, Ordoeste e Barcala que nos demandaban unha ruta de sendeirismo a carón do Río Barcala.

Tamén mantivemos xuntanzas con varios propietarios de negocios de hostelería e de turismo rural que nos demandaron, entre outras, máis atención polo sendeirismo e o respecto á natureza do noso Concello. Dende CxG pareceunos moi interesante esa proposta e non só creamos un proxecto a través de Google-Maps senón que facilitamos un documento para que a veciñanza dera o seu apoio á proposta e a asinara e fixemos chegar as sinaturas ao anterior grupo de goberno.

Ver artigo publicado na nosa web en xuño de 2018 sobre este proxecto.

PROGRAMA ELECTORAL 2019_1Fragmento do programa electoral 2019 que fixemos chegar a todas as casas do Concello na que se recolle a creación dun ruta de sendeirismo a carón do Río Barcala

Esa proposta terá cumprimento neste POS nunha primeira fase.

 

POS + 2020 (en verde as actuacións propostas por CxG)

Premendo nas diferentes ligazóns pódense descargar os proxectos para aprobación

ACHEGA PROVINCIAL 2020

Abastecemento en Barcala 92.625 euros

Saneamento en Ceilán e S. Mamede 75.574,72

Gasto corrente 46.881,59

ACHEGA PROVINCIAL 2019

Pavimentación en Trece 52.051,63

PRESTAMO PROVINCIAL 2020

Pavimentación no Barro e Cantalarrana 146.692,61

Pavimentación en Nantón 49.728,68

PLAN COMPLEMENTARIO

Pavimentación en Señor e Buchaín 31.895,19

Pavimentación en Suevos- Faxín-Faílde 36.244,38

Mellora e reposición do camiño de servizo do río Lameiro-Rial 167.338,38

Pavimentación na Edreira 31.077,42

Pavimentación en Lañas e Fiopáns 47.170,94

Pavimentación en Menlle de Arriba e Paradas 86.860,73

Pavimentación en Gosende 36.780,81

Pavimentación na Tarroeira 48.498,00

– Pavimentación O Cruceiro-Canle-Paraxó 45.964,29