Un mes de novembro con moito COMPROMISO

Un mes de novembro que acaba de rematar onde o noso traballo político non cesou nin un só día e que dará paso a un mes de decembro no que o traballo será unha constante. Neste artigo queremos ofrecervos un resumo do traballado nos últimos 30 días.

Criticamos a falta de diálogo entre PP e PSOE no polémico proxecto do camiño de Monelos, polémica que dura máis de 15 anos.

outubro_2018_monelos_Nova de La Voz de Galicia

Volvemos solicitar que se arranxara o problema da recollida do lixo.

correo_gallego_colectores_soil_novembro_2018_subliñadoNova de El Correo Gallego

Fixemos chegar ás vosas casas unha folla informativa cun resumo do traballo desenvolvido por CxG nos tres anos de lexislatura.

01_capas_compromiso2Entrevista a César Ramos na contraportada da Folla Informativa

Presentamos unha queixa na Valedora do Pobo pola procedemento de contratación “pouco transparente” que empregou o Concello na contratación dunha substituta para o posto de traballo social.

valedora pobo_novembro_2018_correo_subliñadaNova de El Correo Gallego

Organizamos a II Noite de Esmorga para ofrecer un evento cultural diferente e tentar dinamizar a hostalaría da vila da Baña.

IMG-20181202-WA0002Ruta de Tapas na II Noite de Esmorga

Criticamos o gasto de 605 euros por un saúdo do alcalde no libro do 150 aniversario da COPE.

IMG_20181115_175352082Felicitación do alcalde no libro (605 euros)

Demos información sobre a vista oral para o cumprimento da sentenza que obriga a pagar ao Concello a antigüidade ao persoal laboral.

pago_traballadores_concello_novembro_2018_subliñadoNova de El Correo Gallego

Continuamos reivindicando o recoñecemento da Ruta do Camiño de Santiago a Muxía que pasa polo noso Concello. Nos vindeiros días será a presentación pública da guía do Camiño na que tamén participará o noso secretario local.

23621948_1640727272650935_2804168444967933260_nCésar Ramos na presentación da ruta o ano pasado en Brandomil

Traballamos na Vía Mariana, ruta a pé dende Braga a Muxía que atraerá moitos camiñantes ao noso Concello. Grazas ao noso traballo pasará polas parroquias de S. Mamede, Barcala, S. Cibrán, Ordoeste, Corneira e A Riba. E terá un final de etapa en Ceilán. O día 15 será a presentación aos medios do itinerario da Vía Mariana en Padrón.

reunion_baiñas_marianaMembros de CxG na reunión celebrada en Baíñas sobre a Vía Mariana

Continuamos gravando os plenos e facendo públicas as imaxes sendo a día de hoxe o única forma que ten a veciñanza para ver os plenos.

pantallazoPleno municipal

Reivindicamos a loita contra a violencia machista o 25 de novembro na praza do Concello da Baña.

rhdr

Membros de CxG da Baña, Compostela, Boqueixón, Negreira e Santa Comba na praza do Concello da Baña

Continuamos dando a coñecer a Historia do noso Concello a través de Facebook.

real_decreto_autorizando_feiras_baña_recorteEfeméride publicada no Facebook sobre a autorización de feiras na Baña

O noso concelleiro, César Ramos, defendeu tres mocións e presentou un total de 34 preguntas á alcaldía no pleno ordinario de 28 de novembro.

cesar_plenoCésar Ramos, concelleiro de CxG

Nós aportamos ideas, nós temos traballo, nós somos da Baña, nós temos un COMPROMISO!!!