Traballando contra a violencia de xénero e a prol do feminismo todos os días do ano.

CxG_ViolenciaXeneroFotografía sacada en novembro de 2017 para conmemorar o 25 N

“A violencia contra a muller en calquera das súas formas é unha violación dos Dereitos Humanos” (Michelle Bachelet)

Na agrupación local de Compromiso por Galicia A Baña estamos moi concienciados na loita pola igualdade de xénero e contra a violencia machista e iso debe facerse sempre, non só cando chega un 25 de novembro.

– Por que cremos que a sociedade non pode nin debe tolerar nin unha morte nin agresión máis.

– Por que queremos proclamar que a sociedade non pode xustificar nin protexer aos homes que agreden, insultan, acosan e asasinan.

– Por que queremos que mulleres e homes teñan unha retribución salarial igualitaria e xusta.

– Por que queremos unha sociedade na que mulleres e homes participen no proceso de toma de decisións en condicións de igualdade.

– Por que queremos que as institucións responsables, comezando polos Concellos, artellen todos os recursos ao seu alcance para loitar contra esta lacra social remando todas na mesma dirección.

– Por que queremos proclamar que ningunha muller merece ser maltratada, e que nada xustifica ao home que emprega calquera tipo de violencia contra a muller.

FB_IMG_1574630732300Campaña de CxG para conmemorar o 25 N de 2019

Por iso as mulleres e homes que formamos parte de COMPROMISO POR GALICIA A BAÑA seguiremos traballando e aportando o noso gran de area para que o machismo sexa erradicado dunha vez desta sociedade e facémolo todos os días do ano. E seguiremos facéndoo!!

– Presentamos unha moción solicitando medidas contra a violencia machista que foi aprobada pero o grupo de goberno (PP) da anterior lexislatura incumpriu os acordos.

– Defendemos unha moción para que a Baña participara na campaña “En negro contra as violencias” , que finalmente foi aprobada nesta lexislatura (previamente fora rexeitada polo goberno do PP).

21271209_1570280803028916_4588406062586099822_n

– Procuramos sempre utilizar unha linguaxe non sexista nas nosas publicacións e exposicións.

– O noso programa electoral inclúe un punto sobre a creación dunha comisión de traballo municipal feminista que terá a obriga de analizar a situación da muller no Concello, tanto no ámbito familiar como social e laboral, e tamén realizar un estudo de impacto da violencia machista no entorno que lle compete.

12308743_1015013255222343_2115430852601238165_n

POR QUE A VIOLENCIA E O MACHISMO NON TEÑEN CABIDA NA NOSA AGRUPACIÓN!

rpt

En Negro Contra as Violencias 2018

Praza do Concello da Baña, novembro de 2018
10404342_919228661467470_438414172825021114_n 10501944_919228598134143_7615224441657534288_n 11261973_919228411467495_7672143714200007908_n

 

 

WhatsApp Image 2017-11-17 at 22.43.31 15622581_1306372976086368_3975460309746792664_n