Anxiños

Pleno municipal con incidentes – Crónica do pleno do 2 de abril de 2019

Comeza a sesión puntual ás 14:00 horas coa asistencia de toda a Corporación Municipal; como xa é habitual, o concelleiro Manuel Tourís (PP) e a concelleira Margarita Suárez (PSOE) abandonan a sesión antes do remate da mesma. Ao final do pleno un veciño interrompe a sesión increpando e insultando  ao alcalde, polo que é expulsado

Read More

Continúa a ausencia de información por parte do Concello da Baña respecto ao proxecto da reitoral de Monte

O proxecto da reitoral de S. Mamede de Monte leva dando lugar a moita polémica dende que en abril de 2017 a exconselleira do PP, Rocío Mosquera, fixera unhas declaracións nun acto local privado de Negreira no que aseguraba que a reitoral de Monte, que é propiedade do arcebispado, pero que existe unha concesión ao

Read More

Dúas novas mocións de CxG aprobadas – Crónica do pleno ordiario de 28 de novembro de 2018

A sesión dá comezo ás 14:05 horas coa asistencia de todos os concelleiros e concelleiras da Corporación excepto Sandra López (PP). O concelleiro do PP Manuel Tourís e as concelleiras do PSOE, Ana Paramos e Margarita Suárez abandonan a sesión antes da súa finalización. Un concelleiro do PP e dúas concelleiras do PSOE auséntanse durante

Read More

“VOLTA AO PASADO” valoración de César Ramos sobre o pasado pleno ordinario

César Ramos, autor do artigo Como por motivos de saúde non puiden asistir ao pasado pleno ordinario despois de que non tiveron a ben a nosa solicitude para modificar a data de celebración, propúxenme escribir este artigo para dar unha valoración persoal do mesmo, xa que gravamos a sesión e puidemos coñecer de primeira man

Read More

Continúa o secretismo respecto ao proxecto da reitoral de Monte

Levamos dende o mes de abril de 2016 solicitando información á alcaldía respecto ao proxecto da Reitoral de S. Mamede de Monte, nos últimos plenos ordinarios o alcalde cinguiuse a dicir que estaba en contacto coa Xunta de Galicia e esperando informes de diferentes Consellerías, o certo é que sempre temos que informarnos de avances

Read More

Falta de claridade e escurantismo por parte do Concello no proxecto da reitoral de Monte

O pasado mes de abril saltou á prensa, en concreto a “El Correo Gallego”, de forma sorpresiva a nova de que Rocío Mosquera (exconselleira de sanidade do PP) aseguraba que a Casa Reitoral de S. Mamede será unha casa fogar para nenos discapacitados, e tal como especifica a propia nova, di textualmente “ya está prácticamente

Read More

Esiximos máis explicacións sobre o proxecto da reitoral de San Mamede

Non queremos máis oscurantismo e falta de transparencia nesta “chapuza” de xestión do PP da Baña na que se investiron máis de medio millón de euros nunha concesión da Igrexa e que até o de agora, despois de case dez anos,  non serveu practicamente para nada. A Baña non pode permitir “malgastar” deste xeito os

Read More