Este taboleiro pretende ser unha ferramenta na que a veciñanza atope de forma áxil e eficaz a información que precisa coñecer para cumprir as normativas existentes en determinados eidos.

Lexislación referente a repoboacións forestais

Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia

Condicións das repoboacións forestais:

Artigo 67. Condicións que deben cumprir as repoboacións forestais

1. Quedan prohibidas as repoboacións forestais en solo urbano, de núcleo rural, no solo urbanizable delimitado e no rústico de especial protección agropecuaria, agás os casos expresamente recollidos nesta lei.

2. Queda prohibida a sementeira ou a plantación, mesmo de pés illados, en todo terreo forestal ou agrícola e nas zonas de influencia forestal definidas na Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, con exemplares do xénero Acacia...

4. Quedan prohibidas as reforestacións e as novas plantacións intercaladas co xénero Eucalyptus naquelas superficies poboadas por especies do anexo 1, mesmo con posterioridade ao seu aproveitamento ou á súa afectación por un incendio forestal. Esta prohibición non será aplicable nos casos de rexeneración posterior á plantación ou rexeneración, en piso inferior ou sotobosque, de especies do anexo 1. [Anexo 1: especies frondosas]

5. As novas plantacións que se realicen co xénero Eucalyptus superiores ás 5 hectáreas precisarán de autorización da Administración forestal. Non será aplicable ás masas preexistentes de Eucalyptus nos supostos de reforestación ou rexeneración desa superficie, ou que estean incluídas na planificación dun instrumento de ordenación ou de xestión forestal aprobado pola administración.

[...]

Distancias que teñen que deixar as novas plantacións:

Artigo 68. Distancias das repoboacións

1. As novas repoboacións forestais que teñan lugar a partir da entrada en vigor desta lei deberán gardar as distancias sinaladas no anexo 2 desta lei a outros terreos, construcións, instalacións e infraestruturas. 2. As distancias mediranse desde o tronco do pé máis próximo á propiedade veciña ata o límite coa outra propiedade.

3. Para edificacións, vivendas illadas e urbanizacións situadas a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o paramento destas.

4. Para cámpings, depósitos de lixo, parques e instalacións industriais a menos de 400 metros do monte e fóra de solo urbano e de núcleo rural, as distancias mediranse ata o límite das instalacións.

ANEXO 2
SOLO URBANO, SOLO de NÚCLEO RURAL, SOLO URBANIZABLE DELIMITADO + EDIFICACIÓNS, VIVENDAS ILLADAS, URBANIZACIÓNS, DEPÓSITOS DE LIXO, PARQUES e INSTALACIÓNS INDUSTRIAIS situadas a menos de 400m do MONTE e FÓRA de SOLO URBANO e de NÚCLEO RURAL Frondosas: 15m; Eucaliptos e pinos: 30 m
PRADOS e LABRADÍOS Frondosas: 4m; Eucaliptos e pinos: 10m; Se son de especial protección agropecuaria (PXOM Concello): todas as plantacións: 10m
PARCELAS FORESTAIS Todas as plantacións: 2m
RÍOS (de máis de 2m de ancho) Frondosas: 5m; Eucaliptos e pinos: 15m; contados desde o dominio público
ESTRADAS, FERROCARRIL, etc…  Frondosas: 4m; Eucaliptos e pinos: 10m; desde o dominio público
GASOLINEIRAS, CAMPINGS, INDUSTRIAS PERIGOSAS  Frondosas: 25m; Eucaliptos e pinos: 50m
PISTAS DO MONTE Frondosas: 2m; Eucaliptos e pinos: 4m
LIÑAS de TRANSPORTE e DISTRIBUCIÓN de ENERXÍA ELÉCTRICA Todas as plantacións: 5m; desde a proxección dos condutores eléctricos máis externo
+ info: