Solicitude dunha nova liña de transporte baixo demanda para A Baña

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda en funcións presentou no mes de outubro o cronograma da reordenación e modernización do sistema de transporte público de viaxeiros por estrada en Galicia ao que se incorporará o servizo “baixo demanda” que priorizará a cobertura no rural co obxectivo que o transporte sexa máis accesible en todo o territorio galego.

http://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/4061/ethel-vazquez-salienta-que-esta-sera-lexislatura-ordenacion-transporte-publico

Este servizo de transporte baixo demanda  xa está funcionando con éxito dende o ano 2004 en Castela e León e consiste consiste en que os usuarios chaman a unha central para reservar praza nun autobús para o día seguinte. Ese vehículo pode desviarse ou non da ruta da concesión, pero recolle a esa persoa no seu lugar de residencia e lévaa ao seu punto de destino. Este servizo compaxinaría as redes de transporte escolar e regular e a implicación do taxi.

http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/11/08/viajes-bus-bajo-demanda-1-euro-luchar-contra-despoblacion/0003_201611G8P6992.htm

Dada a dispersión do Concello da Baña, o carácter rural do mesmo e o deficitario servizo de transporte que a día de hoxe teñen os veciños e veciñas da Baña tanto para comunicarse coas diferentes parroquias como coas vilas ou cidades próximas, na agrupación local de Compromiso por Galicia da Baña cremos que o noso Concello non pode quedar á marxe deste novidoso servizo de transporte e por iso no pleno ordinario do pasado 30 de novembro pedimos á corporación municipal que solicitara á Xunta de Galicia participar neste proxecto e crear unha nova liña de transporte baixo demanda.