Solicitamos o acondicionamento dunha vía de comunicación en Suevos

O pasado 11 de xaneiro entregamos no rexistro municipal do Concello da Baña a seguinte solicitude para que sexa acondicionada a vía de comunicación situada no lugar de Suevos, na parroquia que leva o mesmo nome, xa que se atopa en moi mal estado, dificultando a circulación por ela ademais de ser un grave problema para o acceso a unha vivenda particular.

IMG_20180103_125430752

César Ramos Domínguez con DNI XXXXXXXXXXX, en calidade de concelleiro de COMPROMISO POR GALICIA na actual corporación municipal.

EXPÓN

En Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír co noso traballo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.

Unha das nosas funcións como grupo político con representación na corporación municipal é informar á alcaldía de problemas para veciñanza do Concello para buscar solucións o antes posible.

Observamos que a vía de comunicación de dominio público con referencia catastral 15007A514090170000JF situada no lugar de Suevos está en moi mal estado, xa que coas choivas a vía convértese nunha auténtica lameira dificultando o acceso á vivenda con referencia catastral 9605401NH1690N situada tamén no lugar de Suevos.

Sabemos que o propietario desta vivenda leva tempo reclamando o arranxo desta vía que no seu estado actual dificulta o acceso á vivenda tanto a pé como en coche, existindo ademais un perigo real por accidente debido ao esvaradío que é o terreo.

Adxuntamos imaxes do estado actual da devandita vía de comunicación.

 

SOLICITA

Que sexa acondicionada debidamente e coa maior celeridade posible a vía de acceso a devandita vivenda para que se poida transitar por ela sen problema e  o propietario e a súa familia poidan acceder de forma segura á mesma tanto a pé como en coche.

 

A Baña, 10 de xaneiro de 2018

JOSE ANDRÉS GARCÍA CARDESO ( ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A BAÑA

IMG_20180103_125410694 IMG_20180103_133509588