Sergio Pazos Pérez, o 11 da lista.

Sergio

Son Sergio Pazos Pérez, teño 29 anos, natural de Gosende, parroquia da Ermida. Orgulloso fillo de gandeiros, e polo tanto de vivir no rural.

Actualmente, estou traballando de auxiliar técnico nun laboratorio e rematando un ciclo superior de análisis e control de calidade.

Teño que recoñecer que a política sempre me chamou a atención, aínda que nunca me decidín a dar unha paso a fronte até o de agora, e decidín enrolarme neste proxecto por dúas cousas básicamente:

  • Dende que teño recordos A Baña non deixou de minguar en poboación, e os meus compañeiros e eu, pensamos que A Baña necesita e merece un futuro mellor, para que o noso concello medre e sexa próspero para a xente de aquí.
  • A xente que atopei dentro da organización de Compromiso pola Baña axudoume a decidirme a entrar en política, porque é un grupo de xente con ideas para mellorar o concello, e non só con ideas, se non tamén con forza, ilusión, voluntade de traballo e ganas de facer cousas pola Baña.

Por eso, eu decidín enrolarme no proxecto de Compromiso pola Baña. Xuntos podemos cambiar A Baña.

Eu? Eu compromiso.

E vos? Comprometedesvos?