Señor alcalde, por que non se lembra da xente de Paredes?

O noso secretario local e concelleiro, César Ramos, entregou no rexistro municipal unha nova instancia. interesándose por enésima vez pola seguridade viaria na AC-444 ao seu paso polo lugar de Paredes (A Baña).

A veciñanza de Paredes leva anos demandando unha mellora nesa estrada e a colocación dunha marquesiña na parada do bus escolar.

Dende Compromiso por Galicia levamos tempo solicitando unha mellora da seguridade viaria e a colocación dunha marquesiña para que os nenos ou nenas que esperan o bus escolar non teñan que mollarse nos días de chuvia.  Xa o solicitamos no pleno ordinario do pasado mes de xaneiro e no mes de febreiro entregamos unha instancia adxuntando imaxes dese tramo e solicitando novamente a marquesiña e un plan de mellora da seguridade viaria. Tamén gravamos un video para que a xente fora consciente da perigosidade dese tramo e a dificultade que pasaban os nenos e nenas do lugar para ir ao colexio todos os días.

Nese mesmo lugar a veciñanza de Paredes e membros de CxG tamén colocamos unha pancarta para facer máis presión e que se cumprira a vontade da xente que de forma diaria ten que arriscar a súa vida para cruzar dun lado ao outro da estrada.

clone tag: -6665500333802274658Na foto membros da agrupación local de CxG A Baña con veciños e veciñas de Paredes

 

Curiosamente o señor alcalde uns días despois, a través do seu gabinete de comunicación da empresa “Alicentis”, envía aos medios unha nota de prensa que di textualmente “O Concello xa solicitou á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta que coloque a marquesiña para que os veciños poidan esperar o autobús a cuberto. Sobre o paso de peóns nesta zona o alcalde sinala que “están pendentes os informes dos técnicos para comprobar se é posible a colocación dos mesmos ou adoptar outras medidas que melloren a seguridade viaria da veciñanza””.

No pleno de 30 de maio o señor alcalde, ante unha nova pregunta d o concelleiro de CxG contesta textualmente “O Alcalde estivo reunido na Dirección Xeral de Mobilidade así como na reunión de Transportes para trasladar esta petición”.

Tanto traballo custará que o Concello da Baña e a Xunta de Galicia se poñan de acordo para colocar unha marquesiña?

O certo é que a día de hoxe, e xa comezado un novo curso escolar, a veciñanza de Paredes (A Baña) segue arriscando a súa vida ao cruzar a estrada e os nenos e nenas de Paredes teñen que mollarse ao esperar o bus escolar, xa que case un ano despois da nosa petición e anos despois de inaugurarse ese tramo da estrada, o executivo local e a Xunta de Galicia foron incapaces de conseguir que se instalara unha marquesiña na parada do bus escolar e de realizar unha actuación de mellora en devandito tramo da estrada AC-444.

“A seguridade da veciñanza debería ser o primeiro”

Por iso dende CxG A Baña solicitamos o seguinte:

Que sexa colocada unha marquesiña para o bus escolar nas inmediacións da parada e se xestione coa Xunta de Galicia (titular desta estrada) adoptar as medidas oportunas para reducir o risco de atropelo ao cruzar dun lado ao outro da estrada.

Que se nos dea copia dos informes recibidos ou das solicitudes e demais documentación enviada polo concello da Baña aos diversos organismos públicos relacionados coa mellora da AC-444 ao seu paso polo lugar de Paredes.

Mentres non se adoptan estas medidas para reducir o risco de accidente que se medie coas familias afectadas, a Xunta de Galicia e o centro educativo para que se modifique a ruta do bus escolar e o mesmo poida estacionar momentaneamente nunha zona máis segura para os viaxeiros.

Para finalizar deixamos a entrevista concedida á Radio Galega dunha veciña de Paredes  que dá idea da magnitude deste problema e da xusta reivindicación da veciñanza.