Resultados electorais nas oito mesas do municipio da Baña.

Desde CxG A Baña solicitamos ao grupo de goberno e coa finalidade de ofrecer máis información e transparencia a nosa veciñanza que publicaran na web municipal e nas redes sociais oficiais os resultados electorais de cada mesa. Solicitámolo con referencia ás eleccións xerais de novembro de 2019 e tamén o solicitamos no pasado pleno ordinario do 25 de xuño.

Desde agrupación de CxG A Baña entendemos que a entidade local é a que debe encargarse de difundir datos oficiais por mesas e parroquias para dar exemplo de transparencia e que dese xeito non circulen entre os veciños e veciñas datos falsos. Non o entendeu así o grupo de goberno e declinou a nosa petición tanto con respecto aos resultados das pasadas Eleccións Xerais de novembro de 2019 como cos resultados do pasado domingo.

Dende CxG  facemos públicos os datos “non oficiais” dos que dispoñemos tendo en conta que CxG A Baña non participou como agrupación nestas eleccións.

Agradecemos a todos os veciños e veciñas que formaron parte das mesas electorais,  apoderados/as e interventores/as doutras agrupacións por enviarnos os datos.

 

cadro_eleccions_mesas_xullo_2020