Recursos de alzada para o parque eólico Campo pequeno e para Santa Comba

PARA DESCARGAR AS ALEGACIÓNS PREME AQUÍ: Alzada campo pequeno

Sexas propietario/a ou non de parcelas afectadas por este parque eólico, a todos e todas nos vai provocar algunha consecuencia económica, paisaxística, medioambiental… Por exemplo no ruído que estes xeran, nas interferencias nas ondas de radio e televisión, na contaminación paisaxística e medioambiental (aeroxeradores de 175 metros de altura máxima, construción de zapatas enormes de formigón, aumento da mortalidade e desprazamento de animais…). O problema máis grave deste parques eólicos é o cerca que están os aeroxeradores das nosas casas.
Posición aeroxeradores con logo

Ademais, aquí temos un claro exemplo de que a política enerxética deste goberno popular só favorece as grandes empresas e deixan de lado á veciñanza. En Europa, as empresas están obrigadas a pagar unha porcentaxe (até o 50%) dos beneficios da venda da enerxía producida. Eiquí non, só deixan unha pequena porcentaxe en forma de alugueiro anual ós propietarios dos terreos, de pequena contía en comparación coas plusvalías que lles produce o parque. Tamén hai que dicir que o concello recibirá o 3% do total do orzamento de construción do parque polo correspondente imposto sobre obras e tamén o IBI con gravame de características especiais e o IAE, ademáis do diñeiro do canón eólico que a Xunta destine ó noso concello.

Por que dicimos que estes tres parques en realidade son un?

Este parque eólico non é o único proxectado no noso concello. O parque eólico de Santa Comba, xa con declaración de utilidade pública, e o de Vilamartiño fan dos tres un macroparque que afecta a máis de 4.000 hectáreas. As parroquias da Baña, Suevos, A Riba, Ermida, Marcelle, O Barro, Cabanas e Lañas quedarán rodeadas destes aeroxeradores.

E en que nos baseamos para dicir que só é un? Porque estes tres parques comparten infraestruturas. Os tres estarán comunicados nunha soa estación transformadora, situada na parroquia de Cabanas; e compartirán a liña de alta tensión, de 22 quilómetros, para distribuir a enerxía que xerará o parque. O de Campo pequeno, ademais, requerirá dunha liña soterrada de 8 quilómetros que atravesará as parroquias da Baña, O Barro e Cabanas.Croquis

Todos

 

Por que así? Fixeron esta división para facilitarlle á empresa os trámites para declarar de utilidade pública estes parques. Pois non é o mesmo procedemento para un parque de 27 megavatios ca un de case 100, que son os que suman os tres parques. Ademais, as declaracións de impacto ambiental cambiarían moito se se tivera en conta a suma dos tres parques e a superficie que afectan en total.

Que se pode facer como afectados e afectadas?

Trala reunión informativa do Sindicato Labrego Galego o pasado 3 de xuño en Suevos, decidiuse presentar un recurso de alzada á declaración de utilidade pública do parque de Campo Pequeno. A agrupación local de Compromiso resolveu que non quería politizar este asunto para xuntar o maior número de persoas afectadas, independentemente da súa afinidade política.

Segundo a información que nos trasladaron desde o sindicato “esta declaración case ao mesmo tempo vainos servir para reforzar o argumento de un único parque dividido en tres, porque semella que deste xeito van poder facer todo o proceso ao mesmo tempo tanto negociacións como obras… así que temos que incidir nisto.”

Por tanto, desde a web de Compromiso poñemos o modelo de recurso a disposición  de toda a xente afectada, lembrando que todos somos afectados polos parques. Tamén recordamos que para presentar este recurso para o parque eólico de Campo Pequeno a data límite é o día 20 de xuño. Ademais estarán dispoñibles en varios locais do concello formularios para asinar este recurso (ata o domingo 19 de xuño).

PODES DESCARGAR O FORMULARIO PREMENDO AQUÍ: Alzada campo pequeno


 

Para o outro parque declarado de utilidade pública hai ata o 8 de xullo para presentar o recurso de alzada perante a Consellería.Parque Santa Comba logo

PODES DESCARGAR O RECURSO PARA O PARQUE SANTA COMBA AQUÍ: Alzada santa comba

As listas para asinar o recurso deste parque eólico Santa Comba estarán dispoñibles ata o 6 de xullo.