Quen é o candidato de CxG á alcaldía da Baña?

DSC_7589

César Ramos Domínguez nacido en S. Vicente da Baña hai 37 anos, na casa de Cesáreo, o seu avó, que rexentaba un coñecido bar na capital da Baña e que agora esas instalacións son a sede local de CxG A Baña. É o segundo de tres irmáns, o seu pai tamén relacionado coa política municipal xa que fora candidato á alcaldía e concelleiro na Baña a comezos do período democrático.

Mestre con recoñecementos en innovación educativa.

A nivel profesional leva 15 anos dedicándose ao ensino público, actualmente traballa no “CEIP Barrié de la Maza” de Santa Comba como mestre especialista en Educación Física, titulación que cursou na Universidade da Coruña. Dende fai 2 cursos forma parte do equipo directivo do mesmo, exercendo labores de secretaría. É tamén coordinador do Proxecto Deportivo de Centro, proxecto que nos últimos cursos recibiu diferentes recoñecementos e premios de innovación educativa: 1ª Mención honorífica no V Premio de Innovación Educativa de FETEUGT e Escola Viva co seu traballo de recreos saudables “DIVERTIPATIO” no ano 2017, proxecto que está rexistrado e pendente de publicación. Tamén o PDC que coordina foi galardoado co 1º accesit nos premios PROXECTA 2016 organizados pola Consellería de Educación, e co 1º premio dos premios PROXECTA 2018. O centro educativo tamén foi galardoado co premio “Galicia Saudable á entidade educativa destacada no fomento e promoción da actividade física e hábitos de vida activa, Premios ao deporte galego 2017”, foi tamén recoñecido o labor deste centro na promoción de estilos de vida saudables na Gala do Deporte de Xallas no ano 2018. No ano 2017 un proxecto coordinado por César Ramos tamén levou o 1º Premio WindExperts, recoñecemento de ámbito estatal.

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2018/05/08/span-langgl-ceip-barrie-maza-e-cole-mais-saudable-galiciaspan/0003_201805S8C7994.htm

IMG_20170614_194556898César Ramos cun premio de Innovación Educativa polo proxecto DIVERTIPATIO

Ligado ao deporte do Concello da Baña.

Dende moi pequeno participou activamente en numerosas actividades deportivas do concello da Baña e comarca. Militou máis de 15 anos na S.D. A Baña en todas as categorías inferiores e varias tempadas en categoría de modestos en Terceira e Segunda Rexional. Tamén colaborou durante vaias tempadas coa directiva da S. D. A Baña aínda que nunca ocupou un cargo directivo. Durante as últimas 4 tempadas milita no equipo de fútbol de Veteranos da Baña que compite en 1ª Galicia.

img-20140917-wa0013Plantel da S.D. A Baña campión de liga de xuvenís.

Relacionado con deportes, César Ramos, anteriormente deu clases de patinaxe e natación para nenos e nenas da Baña, foi socorrista da piscina municipal e impartiu cursos de primeiros auxilios en varias parroquias do Concello. Durante dúas tempadas adestrou aos equipos de categoría infantil da SD A Baña. É quiromaxasista terapéutico deportivo e formou parte do equipo técnico en varios equipos de fútbol semiprofesionais, na S.D Negreira (tempadas en segunda B e terceira autonómica) e na S.D.  Compostela en categoría división de honor xuvenil.

Participa activamente dende moi novo en diversas asociacións e colectivos culturais da Baña.

Participou dende moi pequeno nos Campamentos Val de Barcala e foi monitor dende o ano 1996 ata a súa desaparición no ano 2005. Ano no que César Ramos encabezara un colectivo de monitores e monitoras para solicitar a continuación dos campamentos tradicionais. Na seguinte ligazón pódese consultar unha publicación ao respecto.

https://www.elcorreogallego.es/portada/ecg-h/idEdicion-2006-08-18/idMenu-comarcas%3Etierras_de_compostela/idNoticia-75149/idEdicion-2006_08_18/titulo-El%20campamento%20Val%20de%20Barcala%20enfrenta%20a%20monitores%20y%20concellos

Actualmente está realizando un traballo colaborativo de investigación sobre a historia destes campamentos (dende 1967 a 2005).

VER VIDEO SOBRE OS CAMPAMENTOS VAL DE BARCALA

Participou dende 1993 ata o 2005 (ano da súa desaparición) no grupo de Teatro Berenguela da Baña, grupo dirixido por Xosé Arca que gozou de moita aceptación por toda a comarca e que representou obras teatrais por diferentes xeografías do país.

 novaPublicación na revista municipal sobre o grupo de Teatro Berenguela na que sae César Ramos

VER A PRIMEIRA OBRA DE TEATRO DE BERENGUELA TEATRO

Dende sempre participou activamente no movemento asociativo do Concello da Baña, na década dos 90 foi socio fundador da Asociación Xuvenil Xuventude de S. Vicente, colectivo que organizaba numerosos eventos culturais na Baña, certames literarios, torneos de fútbol sala, torneo de Street Ball e concertos musicais. Ademais esta asociación sacaba unha publicación de forma trimestral, a revista Crónicas na que se trataban asuntos de interese municipal e cultural. Esta asociación celebrou a comezos deste século varias edicións do desaparecido Chícharo Rock que acadara moita sona por todo o país e recoñecemento no panorama musical galego.

Tamén foi fundador da Asociación Xuvenil Cultural e Deportiva Lumieira, asociación que acadou grandes éxitos participando en festivais de carrozas e comparsas, e na organización de concertos, excursións, torneos de Fútbol 7 e outros eventos culturais e deportivos. Actualmente é secretario desta asociación que colabora na promoción e posta en valor da Ruta do Camiño de Santiago a Muxía que pasa pola Baña.

lumieira_cesar_ramos_carrozaEntrevista a César Ramos no programa “Acompáñenos” da TVG en marzo de 2011 https://youtu.be/jMLsFGEFfVk

É secretario e fundador da única Peña Oficial do “C.A.B. Obradoiro” de fora do municipio de Santiago de Compostela. A Peña Obradoirista Os Eskornabois da Baña, peña moi activa en tempadas pasadas que incluso recibiu un recoñecemento por parte do clube e outro como mellor afición da ACB.

IMG_8428 (Copiar)César Ramos recollendo no multiusos de Sar o galardón como mellor afección da ACB xunto cos representantes das demais peñas.

LER ENTREVISTA NA PRENSA

Pertence ao Clube de Lectura “Ars Legendi” do CPI de S. Vicente (A Baña), e participa na Escola de Música Tradicional do Concello da Baña e formou parte da comisión de festas de S. Vicente durante varios anos.

E tamén socio de ACNUR, a Axencia da ONU para os refuxiados, socio da Asociación Cultural Afonso Eanes e da ARMH Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica.

A nivel político é afiliado a Compromiso por Galicia dende o ano 2013, secretario local e fundador da Agrupación Local de CxG A Baña e dende o 2015 é concelleiro da Corporación Municipal da Baña sendo o membro que máis propostas defendeu nesta lexislatura.

IMG-20190127-WA0016César Ramos (centro) con Rocío García e David Gontán, membros da executiva de CxG A Baña nunha asemblea veciñal