Que días do 2017 deberían ser considerados festivos locais no Concello da Baña?

Queremos coñecer a túa opinión sobre cales serían para ti os mellores días para que sexan declarados como festivos locais o vindeiro ano. No ano 2016 o Concello da Baña en sesión plenaria escolleu como festivos locais os días 22 de xaneiro (S. Vicente) e 9 de setembro (Virxe das Dores). Pero no 2017 cadran domingo e sábado respectivamente.

Podes contestar esta enquisa pulsando na ligazón de abaixo e unha vez se celebre o pleno, trasladaremos as dúas opcións máis votadas.

Formulario