Propaganda electoralista do PP da Baña ca revista municipal? Manipulación ou casualidade?

censura

No pasado pleno ordinario de xaneiro o noso concelleiro, César Ramos, pediu explicacións do motivo polo que non foran publicados na revista municipal os artigos enviados por CxG ao Concello da Baña. Lembremos que o señor alcalde nun pleno anterior ofreceu aos partidos políticos que presentaran artigos, fotos ou contidos para seren publicados na revista municipal, evidentemente estes traballos non poderían ter contido político. Curioso que nas últimas tres revistas municipais non se publicaran os artigos entregados por CxG e sí se fixera anteriormente, por exemplo, co artigo da exposición fotográfica que entregaramos. É necesario aclarar que os nosos artigos foron redactados e asinados por un xornalista membro da nosa agrupación.

VER MOMENTO DO PLENO onde César Ramos pide explicacións sobre este tema.

Cal sera o motivo? Será que se achegan as eleccións?

Pareceunos raro, tamén, que a revista municipal se entregara no verán, cando tradicionalmente era entregada no Nadal ou a comezos de ano pero máis estraño nos parece que poucos meses despois,  estean entregando unha nova revista municipal.

Quere dicir isto que agora mesmo, a escasos meses das eleccións municipais, é necesario informar máis aos veciños e veciñas?

Queremos con esta publicación, tamén, comentar algúns aspectos desta nova revista municipal que nos parecen chamativos para que a xente da Baña reflexione sobre a forma de actuar do grupo de goberno (PP) cando se achegan as eleccións municipais e da “suposta” finalidade das publicacións.

Manipulación ou casualidade?

  1. Sobre a Vía Mariana e o Camiño de Santiago a Muxía

O alcalde no saúdo da primeira páxina di que “dende o Concello respaldamos dende o inicio a Vía Mariana”. Temos que dicir que o único colectivo da Baña que traballou pola Vía Mariana dende os seus inicios foi CxG. No pleno de maio de 2018 (hai case un ano) xa solicitamos dende CxG colaboración por parte do Concello cos promotores desta ruta. (Ver crónica Pregunta número 9). Os membros de CxG fomos os únicos que participamos na creación do itinerario e que asistimos ás reunións cos demais colectivos doutros Concellos. De feito a última reunión cos colectivos desta zona (de Santiago a Muxía) foi na sede de CxG. Dende CxG levamos moito tempo demandando a creación dun albergue para peregrinos ante a pasividade do goberno municipal.

En resumo: o alcalde non di toda a verdade neste “saúdo” e elude o nome da nosa organización política.

alcalde_revista_artigoFragmento da revista municipal

O artigo da páxina 19 sobre a Vía Mariana, di textualmente “A representación bañesa na organización da Vía Mariana está formada polo Concello e a asociación Lumieira”, algo que non é de todo certo e a continuación imos explicar o motivo. O colectivo que leva traballando dende o seu inicio pola recuperación do Camiño a Muxía e na promoción da Vía Mariana é CxG. Nós fomos o grupo político que presentou e defendeu a moción respecto ao Camiño de Muxía en outubro de 2016 e dende aquela, como xa dixemos, fomos o único colectivo que representou á Baña nas xuntanzas cos organizadores. Ben é certo que para a presentación da ruta e a elaboración da Guía do Camiño (que proximamente será presentada) como non interesaba que aparecera o nome dun partido político na documentación (no Concello hai a quen non lle gusta o nome de CxG), despois de ter o permiso da directiva da asociación Lumieira (da que o noso secretario local é o secretario e socio fundador) decidimos levar o nome desa asociación. Ou levábamos o nome dunha asociación e eludíamos o nome de CxG, ou A Baña non figuraría na documentación do Camiño a Muxía nin habería ninguén da Baña na súa presentación. Así o explicaba César Ramos nunha entrevista en Radio Negreira en novembro de 2017.

Respecto á Vía Mariana en ningún momento nos identificamos cos promotores como Asociación Lumieira. Nós fomos os que solicitamos que a Vía Mariana tivera un final de etapa no Ceilán (e non en Negreira como a ruta do Camiño a Muxía) e nós fomos os que solicitamos que pasara polos santuarios de Ordoeste e Corneira.

Scan_20190306_120529_012_artigoArtigo da revista municipal sobre a Vía Mariana.

Ademais o artigo ten un erro, a Vía Mariana pasa polos santuarios de Ceilán e Ordoeste, pero non polo de Corneira como di, xa que esa proposta que tamén fixemos dende CxG non foi aceptada finalmente. A Vía pasa por un enlace preto da igrexa e estará indicado o seu desvío para visitala. O Concello da Baña debería falar con nós para redactar este artigo e transmitir información correcta, pero non interesa obter información dun colectivo da Baña, mellor obter información “de fóra”.

 Cal será o motivo polo que o señor alcalde elude o nome de CxG na revista municipal?

Evidencias de que CxG é o ÚNICO colectivo representante da Baña na promoción da ruta do Camiño de Santiago a Muxía e na Vía Mariana:

camiño_stgo_maio_2018_fotoPresentación da ruta do Camiño a Muxía en Brandomil con César Ramos como representante da Baña. Novembro de 2017
WhatsApp Image 2019-03-04 at 11.31.37César Ramos, David Gontán e José Manuel Suárez na reunión celebrada en Baíñas en decembro de 2018 cos colectivos promotores da Vía Mariana e con Luis do Freixo e José Luis de la Riera (directivos).
WhatsApp Image 2019-03-04 at 11.20.27César Ramos en Muxía no acto de entrega dos certificados por realizar a ruta do Camiño a Muxía que organizaron os colectivos promotores co patrocinio dos Concellos

No artigo publicado na revista sobre a Guía do Camiño a Muxía que vemos na seguinte imaxe, tampouco se cita a CxG, nin sequera ao noso secretario local e concelleiro, César Ramos, que foi quen entregou e asinou a instancia para que o Concello colaborara economicamente na edición da guía e entregou a proposta da propia editorial Alvarellos (por certo, editorial Alvarellos con “v” non “Albarellos” como menciona o artigo da propia revista que podemos ver máis abaixo) VER INSTANCIA entregada en novembro de 2018. Ademais a foto de portada da propia guía é de Javier Pais, veciño do Concello da Baña. Foi CxG o que se puxo en contacto co autor para que cedera os dereitos da imaxe, pero seguramente o señor alcalde non o saiba ou non lle interese facelo público.

Scan_20190306_125043_artigo_camiñoArtigo da revista municipal sobre a guía do Camiño a Muxía
  1. Unión Barcalesa de la Habana

Dende CxG en xullo de 2016 defendemos unha moción de apoio á Unión Barcalesa de la Habana, moción que foi aprobada e pola cal o Concello se comprometía a facer chegar anualmente unha axuda económica a esta sociedade barcalesa na Habana.

23439611_10203752084519484_247827694_nO acto foi publicado en varios medios galegos, estatais e internacionais pero non na revista municipal da Baña.

En novembro de 2017 dende CxG organizamos unha homenaxe á Unión Barcalesa de la Habana polo seu 110 aniversario, acto que tivo moita repercusión na prensa escrita e dixital tanto galega como da emigración. Ao Concello da Baña nunca lle pareceu importante publicar algo referente a esta homenaxe na revista municipal, e iso que lle fixemos chegar varias veces imaxes e texto do evento. Iso si, pareceulles importante publicar na anterior revista imaxes da visita do señor alcalde a Cuba ou nesta ultima revista a seguinte imaxe na que sae o señor alcalde co presidente da Unión Barcalesa, artigo que, evidentemente non cita para nada que CxG foi quen defendeu a moción pola que se dá esa axuda.

Scan_20190306_120529_006_artigoArtigo da revista municipal do Concello da Baña

 

O Concello da Baña xa permitira que a Secretaría Xeral para a Emigración mentira na súa páxina web sobre un acto organizado por CxG.

Curioso tamén que o Concello da Baña non criticara que a Secretaría Xeral de Emigración utilizara o cartel do acto organizado por CxG, borrara o logo do noso partido e puxera de organizador ao Concello da Baña. VER ARTIGO onde criticamos esa “manipulación” (Caso 2 do artigo).

manipulacion_ou_despiste

3. Tres páxinas dedicadas ás obras realizadas no Concello.

Nada se menciona na propia revista das mocións aprobadas no pleno municipal, nada sobre o traballo realizado polo CPI de S. Vicente que acadou diferentes recoñecementos, sobre a problemática da Fundación de Discapacitados Psíquicos de Barcala, sobre as presentacións de libros, sobre a homenaxe á SD A Baña polo seu 40 aniversario… iso si, esta vez dedican 3 páxinas para falar de “infraestruturas e Servizos” cando antes, cando aínda quedaba moito para as eleccións, só dedicaban media páxina.

Quere dicir isto que a xente necesita informarse máis sobre obras en tempo de eleccións?

 

Algunhas imaxes publicadas na revista. Casualidade ou intencionalidade?

Xa para rematar e non estendernos en exceso, como “unha imaxe vale máis que mil palabras”,  imos ofrecer algunhas imaxes da propia revista municipal. Xulguen vostedes mesmos, casualidade ou intencionalidade?

foto 2 Alcaldes e autoridades do PP pero ningún concelleiro ou concelleira da oposición nas fotos publicadas da Festa da Filloa.
foto 5Foto do Xantar dos maiores na que se ven perfectamente os concelleiros/as do PP. E os demais membros da corporación?
foto3
Outra foto que escolleron para a revista e que sae o noso concelleiro un tanto “entrecortado”
foto4Foto da Ruta do Románico onde o concelleiro de CxG sae de costas pero vense perfectamente o alcalde e o concelleiro de obras do PP
Nota: os concelleiros do PP da foto  non fixeron a ruta só foron no momento preciso para poder saír na foto, despois marcharon.