Primeira xuntanza da Comisión de Seguimento da COVID 19 na Baña, con representación de todos os grupos políticos, grazas a CxG

O pasado mércores 14 de outubro celebrouse a primeira xuntanza da Comsión de Seguimento do COVID 19 n Baña, coa representación de todos os partidos políticos do Concello da Baña.

Grazas a CxG o Concello da Baña comezará a tratar esta crise sanitaria con máis seriedade e transparencia.

virus

Esta comisión creaouse grazas á aprobación dunha moción proposta por CxG no pleno municipal do pasado 30 de setembro.

VER ARTIGO “COMPROMISO DEMANDA MÁIS RESPOSABILIDADE MUNICIPAL NA XESTIÓN DA CRISE DERIVADA DO COVID 19″

Nesa primeira xuntanza, César Ramos, portavoz de CxG, solicitou a votación dos seguintes puntos e que finalmente foron aprobados. Este é un fragmento da súa intervención:

Entregamos a moción por ver que o tratamento desta crise sanitaria por parte do Concello da Baña non estaba a ser o correcto e queríamos aportar o noso gran de area dende CxG.

Ao mesmo tempo seguimos pensando que as medidas adoptadas e todo o relacionado con esta pandemia debe estar ao marxe da política por iso quixemos que formaran parte da comisión os tres grupos da Corporación, e representantes da veciñanza estiveran presentes nas xuntanzas para que lexitimen aínda máis as decisións adoptadas.

Esta comisión en resumo é para que nela se artellen todas as decisións relacionadas con esta pandemia adoptadas pola entidade local. Está claro que as medidas adoptadas por un Concello son mínimas e case sempre é asumir a normativa da Xunta e do Estado pero si que cremos que o que se faga a nivel local, por pequeno que pareza, inflúe negativa ou positivamente na cidadanía.

O primeiro que debería establecer esta comisión é un criterio, é dicir, que queremos conseguir e de que maneira se vai actuar para conseguilo. Pensamos que o obxectivo fundamental debe ser a prevención e información para tentar minimizar o risco de contaxios do Concello da Baña.

Os seguintes puntos propostos por CxG foron aprobados pola propia comisión.

Desde CxG pensamos que nesta primeira xuntanza deberíamos votar diferentes asuntos:

  • Periodicidade das sesións que por cumprimento dun punto da moción deben ser de xeito telemático: dende CxG propoñemos de forma semanal.
  • Establecer un medio de comunicación rigoroso, transparente e imparcial de todos os aspectos relacionados con esta crise sanitaria e que afectan ao noso Concello. Desde CxG propoñemos decidir unha publicación semanal tipo (o día despois de que se reúna a comisión), concreta, e directa aprobada nesta comisión e que estableza sempre o mesmo tipo información: datos de contaxio oficiais, estatísticas do noso Concello con relación aos demais Concellos, Galicia e ao Estado e de existir medidas adoptadas pola entidade local. As publicacións que fai o Concello non seguen unha estrutura concreta nin son periódicas (o mes pasado o 7, 10 e 18 en outubro ningunha).
  • Se o grupo de goberno considera que é necesario facer algunha publicación a maiores, solicitamos que se informa previamente á Comisión para coñecer a opinión da mesma. Cun simple correo, sms ou whatsapp podemos comunicarnos rapidamente sen necesidade de xuntanzas.
  • O Concello debe evitar por todos os medios publicar imaxes ou contidos na web que incumpran a normativa. O Concello da Baña debe dar exemplo nesta faceta.
  • O Concello da Baña debe establecer unhas normas estritas mentres non se restableza a normalidade: visitas aos domicilio por técnicos ou concelleiros as mínimas e necesarias, organización de concentracións de xente as mínimas, ao ser posible as actividades culturais sexan ao aire libre ou con locais ventilados”.