Presentación do proxecto “Descubrindo as nosas músicas” e dos libros de Beatriz e Alberto Cancela o venres 29 de decembro na Baña

carte_libro_panchol

O vindeiro venres 29 de decembro terá lugar, na Casa de Cultura da Baña, a presentación dos libros “Chané – O nacemento da Música Popular Galega. Compostela, Coruña, A Habana” de Alberto Cancela, e “A banda municipal de Santiago. Música nas compostelanas rúas dende 1848″ de Beatriz Cancela. Ambos os dous irmán tamén farán unha presentación do proxecto de recuperación musical “Descubrindo as nosas músicas” no que traballan de forma conxunta.

Compromiso por Galicia A Baña coa organización deste acto cultural pretende ampliar a oferta de actividades culturais do noso Concello, así como dar a coñecer o traballo, neste caso musical, de dous veciños do Concello da Baña.

Chané. O nacemento da Música Popular Galega. Compostela, Coruña, A Habana” é unha extensa investigación biográfica e musical sobre o músico compostelán José Castro “Chané” feita por Sixto Gómez e Alberto Cancela. O apelativo Chané está ligado para sempre á historia da música galega. Unha das figuras máis destacadas e importantes da historia da música en Galicia. Chané forma parte dunha xeración de músicos pioneiros que atoparon na tradición popular de Galicia novas fontes de inspiración que revolucionaron a música do seu tempo.

A Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela. Música nas compostelanas rúas dende 1848” é resultado da tese doutoral, defendida en xuño de 2015 na Universidade de Oviedo por Beatriz Cancela, sae á luz editado polo Consorcio de Santiago e editorial Andavira. Este libro pretende perfilar a historia desta destacada agrupación musical, que atesoura ás súas espaldas un denso bagaxe, froito dun periplo vital de 170 anos.

Descubrindo as nosas músicas“: este proxecto desenvolvido polos irmáns Alberto e Beatriz Cancela pretende ofrecer unha visión cercana e didáctica da recuperación musical de obras e compositores galegos ou vinculados con Galicia. Apostan pola recuperación da tradición musical galega con personalidade propia. Este proxecto xa recuperou obras musicais esquecidas de José Coutier, Felipe Paz Carvajal, Juan Montes ou Pascual Veiga, entre outros.

Ambos os autores son naturais da Baña, parroquia de Suevos, aínda que actualmente Alberto está afincado en Cantabria e Beatriz en Santiago de Compostela.

tv2

Beatriz Cancela (A Baña, 1981) é Diplomada en Maxisterio Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela (2000-2003), Licenciada en Historia e Ciencias da Música (2004-2006) e Doutora pola Universidade de Oviedo (2015). En 2009 gaña o I Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán, promovido pola Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago publicando o libro “Santiago Tafall. Un músico compostelano nos albores do galeguismo” (Avarellos 2010). Asi mesmo intervén en importantes congresos nacionais de musicoloxía como o realizado pola Sociedade Española de Musicoloxía (Logroño, 2012) e internacionales (Madrid, 2013). Outras publicacións:

– González Guerrero, C. & Cancela Montes, B.: La música en el Burgos Napoleónico; Burgos, Editorial DosSoles, 2014.

– Cancela Montes, B.: “Santiago Tafall (1858-1930)”, en Actas del XXV Encuentro de Jóvenes Investigadores; Salamanca, INICE, 2009; pp. 155-159.

Id.: “Las obras censuradas de Santiago Tafall y su labor en la instauración del Motu Proprio en la catedral de Santiago de Compostela”, en Annuarium Sancti Iacobi, No. 2, 2013; pp. 253-278.

Id.: “Música y beneficencia. El caso del hospicio de Santiago de Compostela”, en Actas del VIII Congreso de la Sociedad de Musicología; Logroño, 2012.

Alberto Cancela é Diplomado en Maxisterio Educación Musical pola Universidade de Santiago de Compostela (2003-206), Licenciado en Historia e Ciencias da Música pola Universidade de Oviedo (2006-2008) e Máster en Xestión Cultural pola Universidade Internacional de Cataluña (2011-2012).

Realizou un traballo de investigación relacionado coa recepción do jazz en Santiago de Compostela durante os primeiros anos do século XX: “…e Compostela Deixouse Seducir polo Jazz”, publicado en Actas do VII Congreso da Sociedade Española de Musicoloxía “Musicoloxía global. Musicoloxía local” (Logroño, 2012). Colaborou tamén co artigo “Edución crítica das obras musicais de Plácido García” no libro “A música no Burgos Napoleónico”. Intervén en importantes congresos estatais como o “XXVI Encuentro de Jóvenes Investigadores” (Saamanca 2010), nas IV Jornadas de Estudiantes de Musicología y Jóvenes Musicólogos (Oviedo, 2011) e no VIII Congreso da Sociedade Española de Musicología (Logroño, 2012).

De forma conxunta

– Cancela Montes, A. & Cancela Montes, B.: “El legado del violinista Juan Courtier”, en Actas del XXVI Encuentro de Jóvenes Investigadores, Salamanca, INICE, 2010; pp. 17-21.

– Ambos obteñen unha Mención Especial no II Premio de Investigación Histórica Domingo Fontán co traballo La saga Courtier en Galicia, publicado por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago (2013). ISBN 978-84-89323-49-0.

– Ademais colaboran coa prensa galega publicando reseñas e artigos sobre os temas obxecto de estudo.

 Fontes:
http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2013/10/27/hermanos-indagan-saga-musicos-courtier/903534.html
https://www.lanzanos.com/proyectos/publicacion-de-partitura-galaica-de-luis-taibo/
https://descubrindoasnosasmusicas.blogspot.com.es/
http://www.elargonauta.com/autores/cancela-montes-beatriz/14744/