Pleno extraordinario (31/maio/2016)

No pleno extraordinario de hoxe tan só se levou a cabo o sorteo das mesas para as eleccións xerais. O proceso foi levado a cabo por unha administrativa do concello e o único traballo de Compromiso foi constatar que esta escolla se realizara correctamente. Debido a Lei de Protección de Datos de Carácter Personal este pleno non o subiremos a nosa canle de Youtube.

Hoxe tamén se comprobou unha vez máis que o noso concello segue a sufrir a súa progresiva perda de poboación. Neste caso foi a desaparición da mesa electoral de Suevos, tendo os veciños e veciñas desta parroquia que trasladarse á de Marcelle, como tamén fan os do Barro, para votar. Non é o primeiro caso: San Cibrán vota en San Mamede, Cabanas e Fiopáns votan en Lañas, A Ermida vota na Riba e Barcala vota en Ordoeste.