Otilia Güimil Vigo, a nosa nº 3

Oti

Chamome Otilia Güimil Vigo, veciña de Vilacoba, parroquia de Troitosende.

Teño 34 anos, dende fai 12 traballo nun supermercado en Bertamiráns, onde comenzou a niña actividade sindical formando parte do Comité Provincial de Empresa, desempeñando o cargo de delegada de persoal. Actualmente tamén formo parte do Comité de Seguridade e Saúde como técnica en prevención de riscos laborais.

Dende o 2014 son a presidenta da Asociación Cultural “Os pícaros de Troitosende”, xunto con 5 compañeiros conseguimos recuperar as Festas Patronais da nosa parroquia despois de anos de inactividade. Tamén organizamos actividades lúdicas para os nosos nenos e maiores (comidas populares, campamentos, clases de baile….).

Sempre me interesou o mundo da política, e compromiso por Galicia reúne os valores que considero necesarios nun partido político: COMPROMISO, TRANSPARENCIA E INICIATIVA DE CAMBIO.

Espero que me deades a oportunidade de representar a nosa veciñanza na próxima lexislatura.

Contamos con vós.