Os suplentes da candidatura da Baña

NOHARA GARCÍA DOPICO

Nº 12 de Compromiso por Galicia – A Baña

Teño 29 anos, neta de Dosinda e filla de Manolo da parroquia de Suevos. Son licenciada en Ciencias Políticas pola USC.

Creo na candidatura de CxG porque no seu programa subxace a intención de devolver a dignidade á xente deste concello, a través de medidas efectivas e posibles. Un proxecto con xente nova, preparada e motivada, sen olvidar a experiencia e coñecementos que aportan os maiores. Por este motivo quixen aportar o meu grao de area formando parte desta candidatura.

nohara

BRUNO ESPERANTE PARAMOS

Nº 13 de Compromiso por Galicia – A Baña

Nacín hai 27 anos na aldea de Nantón, parroquia de Monte. Son investigador da USC na actualidade, e tamén colaboro na asociación cultural Afonso Eanes e toco no grupo Os atrevidos de Barcala.

Axudo no proxecto de CxG porque creo na xente que o impulsa, e creo que é máis necesario que nunca unha boa alternativa galeguista para o concello.

bruno

ANDREA BARREIRO SUÁREZ

Nº 14 de Compromiso por Galicia – A Baña

Teño 21 anos, e son da parroquia de San Vicente da Baña. Estudiei en Santiago pero sempre que podía escapabame á miña terra. Participei no grupo de teatro Berenguela. Actualmente estou rematando os meus estudios de Podoloxía en Ferrol.

Participo en Compromiso porque confío en que hai solucións para A Baña, e que outra maneira de facer política é factible. Non creo nas cousas imposibles, penso que todo é posible pero que hai que poñerlle determinación e ganas.

andrea

MANUEL GARCÍA ANTELO

Nº 15 de Compromiso por Galicia – A Baña

Nacín hai 65 anos en Faxín, na parroquia de Suevos. Como tantos outros emigrei, concretamente a Suiza, onde traballei como encargado de obras en estradas. Despois de moitos anos regresei, e estiven dous anos como carteiro no concello de Santa Comba, ata que voltei a ser encargado.

Formo parte deste proxecto porque creo que as novas xeracións entran con ganas de traballar honestamente. Son o futuro do noso concello e os que poden facer algo para cambiar o xeito de gobernar.

manolo