Podedes ver o plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal aprobado ó 27/02/2015 na seguinte ligazón: http://www.dicoruna.es/files/5314/2624/5316/VOZ_POS_2015_COMPLETO.pdf.
Na Baña só hai pavimentacións. Se estas se tratan de rechear os buratos cunha pouca grava é mellor que fagan menos, pero que o que se faga estea ben. As cousas ben feitas duran máis tempo, está máis que comprobado. Ademáis estes arranxos poderían tratar tamén de eliminar algunha curva perigosa ou de aumentar o ancho de vía naquelas estradas do municipio nas que fora posible.
Pavimentación Corneira, Marcelle, Ermida e Gosende = 41.445,45 €
Pavimentación en Troitosende, Fiopáns e Paraxó = 43.662,16 €
Pavimentación vías públicas en San Mamede e San Cibrán = 48.915,57 €
Pavimentación Troitosende, Lañas, Cabanas e Ordoeste = 56.817,8 €
Pavimentación vías públicas en Arzón e Seoane-Castro = 47.814,41 €