O Valedor do Pobo investigará o proceso de selección de dous titores de emprego.

A Valedora do Pobo admitou a trámite as queixas recibidas debido aos erros supostamente producidos no proceso de contratación de dous titores de emprego para o programa integrado MOVE’T 2016/2017.

Desde Compromiso entregamos unha instancia para que o Concello correxira os erros supostamente producidos neste proceso, onde podes consultar todos eses erros, amparandonos na lei 39/2015 de procedemento administrativo, e na lei 2/2015 do emprego público de Galicia, de acordo ao principio de transparencia, así como na lei 1/2016, de transparencia e bo goberno.

Desta maneira, ao Concello da Baña seralle requirido que facilite información sobre os problemas que motivaron esta queixa.

A Valedora tamén aclarou que a revisión deste procedemento correspondería aos tribunais de xustiza, xa que non dispón a potestade de declarar nulo este proceso.