O parque eólico Campo pequeno vai adiante, pese a oposición dos afectados e das asociacións ecoloxistas.

O pasado martes facíase público no BOP a resolución da Dirección Xeral de Enerxía e Minas na que se autorizaban as instalacións, se aprobaba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública do parque eólico Campo Pequeño. Este parque, cunha potencia de 27 MW contempla a instalación de nove aeroxeradores nos montes comprendidos entre Suevos, A Ermida, A Riba, e A Baña. Hai máis dun mes, o presidente da Xunta daba a nova no Parlamento da creación deste parque. Pero a historia do parque xa ven de antes. En decembro do 2010, despois da derogación do plan eólico do bipartito por parte da Xunta de Feijóo e agora invalidado polo TSXG , aprobabase a creación deste parque.

O promotor do parque é Eólica Galenova SL, empresa comprada a Abanca no ano 2015 por Honorato López Isla, vicepresidente de Unión Fenosa ata 2015 e presidente da operadora R. A empresa ten o seu domicilio no Paseo da Castellana en Madrid, co que outra vez máis, os beneficios serán levados para Madrid e non quedarán en Galicia.

Os 9 aeroxeradores terán unha altura de 119 m e un diámetro de rotor de 112 m, cunha potencia de 3.000 kW cada un.

 

Posición aeroxeradores

Situación dos aeroxeradores do parque eólico Campo Pequeno.

Croquis do parque

Croquis. A interconexión do parque eólico de Campo Pequeno fárase cos parques eólicos de Vilamartiño e Santa Comba.

 

A este proxecto presentáronse moitas alegacións: desde particulares afectados polo parque eólico ata asociacións ecolóxistas. Segundo a resolución, a empresa atopase en negociacións pola falta de acordos cos propietarios incluídos na Relación de Bens e Dereitos Afectados. Algúns dos alegantes opuxéronse á declaración de utilidade pública do parque pola falta de información ou de negociación para chegar a un acordo. A Sociedade Galega de Historia Natural solicitou que non se autorizara a afección de aeroxeradores e viais de acceso sobre hábitats de conservación prioritaria, que se incluiran no proxecto todas as medidas recomendadas nos Plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados a Xunta de Galicia; tamén que o proxecto adoptara medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso e para minimizar a mortalidade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico. Adega pola súa parte, tamén alegou que afecta ao humidal “Brañas de Ferreiros” incluído no Inventario dos Humidais de Galiza, solicitando o rexeite da autorización do proxecto do citado parque eólico. Estas alegacións, segundo a resolución, tivéronse en conta na Declaración de Impacto Ambiental.

 

Montaxe desde o pico de Santa Mariña

Vista desde o pico de Santa Mariña do parque eólico. Montaxe feita con Google Earth.

Desde a nosa formación política preguntámonos que beneficios terá o parque para as arcas do Concello da Baña, pois esta parte do proxecto nunca se dou a coñecer publicamente. Ademais, desde o Concello só sabemos que se fixo unha reunión cos afectados hai case 8 anos. Descoñecemos cal será a taxa que o concello percibirá polo parque. No último pleno, o noso concelleiro pediu información sobre o parque eólico anunciado por Núñez Feijóo. Pero polo que se ve, parece que xa estaba todo atado.