O Concello da Baña segue lexislando en pesetas

O pasado 28 de  agosto “El Correo Gallego” publicaba esta nova referente á modificación da normativa, por parte dos Concellos da Baña e Negreira, referente á ocupación da vía pública con mesas ou cadeiras con finalidade lucrativa (as terrazas dos negocios de hostalaría). Nesa mesma nova, como podemos ver, di textualmente: “La Diputación todavía recoge la tasa bañesa de 600 pesetas por mesa y temporada”.

TITULAR CORREO_PESETAS

No Concello da Baña existen moitas ordenanzas municipais  (as normativas elaboradas polos Concellos) totalmente desfasadas e algunhas delas aínda contemplan prezos públicos ou taxas en pesetas.

No ano 2016, a través de preguntas realizadas nos plenos municipais, dende o noso grupo político xa demandamos que houbera unha modificación das ordenanzas municipais, xa que moitas estaban mal redactadas e totalmente anticuadas.

Lembremos que a comezos da lexislatura, Compromiso por Galicia xa explicara no pleno municipal que existían dúas ordenanzas, ambas as dúas aprobadas no 2011, con dous prezos diferentes para o pago do abono da piscina municipal. Compromiso por Galicia esixiu ao alcalde da Baña que devolvera os 5 euros cobrados de máis dende o 2011, aínda que o señor alcalde nun primeiro momento dixo que esa diferenza ía ser aboada aos usuarios da piscina, finalmente fixo caso omiso das nosas peticións e simplemente alegou que se trataba dun erro sen importancia.

montaxe_abono_piscina

Como é posible que non se decataran deste erro os partidos que daquela tiñan representación  na Corporación?

Pero existen ordenanzas municipais que a día de hoxe aínda están en vigor, segundo o portal da Deputación da Coruña que son moi chamativas e que mostran un total desinterese e apatía do goberno municipal (PP) respecto á normativa do Concello da Baña. Despois de 16 anos da entrada do euro e a desaparición das antigas pesetas, no Concello da Baña existen prezos públicos e taxas que aínda están en pesetas.

A continuación expoñemos algunhas, todas elas sacadas do portal de Deputación da Coruña e como dicimos, a día de hoxe seguen en vigor.

https://www.dacoruna.gal/concellos/ordenanzas/?valorenvio=soloentidad&tipobusqueda=&id=&entidad=21&Submit=Mostrar+entidad

Ordenanza Fiscal Reguladora de Precio Público por servicio de ambulancia

ambulancia

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con mercadorías, madeiras de construcción, entullos, valos, puntais, andamios e outras instalacións análogas

taxa_finca

Ordenanza fiscal reguladora do prezo público por ocupación do subsolo, solo e voo da vía pública.

ornato

Como se pode apreciar na ligazón anterior estas taxas e prezos son reais e a día de hoxe seguen en vixencia segundo o portal de Deputación da Coruña.

ambulancia_taxas_agosto_2018_subliñadoNova publicada o día 30 de agosto de 2018 en “El Correo Gallego”

Dende CxG volvemos reclamar que a normativa municipal debe estar ao día e totalmente actualizada polo que volvemos demandar una actualización de todas as ordenanzas municipais que é un dereito de todos os veciños e veciñas.