O Concello da Baña hai máis dun mes “pospón” a ruta BTT sen explicar o motivo e a día de hoxe continúa sen devolver as cotas de inscrición.

O secretario local e concelleiro de Compromiso por Galicia A Baña, César Ramos, vén de entregar unha instancia no rexistro municipal para reclamar, entre outras, que se devolva xa  a cantidade de cartos que se lle adebeda a cada persoa que pagara a cota de inscrición na III Ruta BTT Filloa da Pedra que foi “posposta” 7 meses (celebrarase en outubro) polo goberno municipal sen dar ningún tipo de explicación do motivo.

2En xaneiro de 2018 dende CxG solicitamos máis atención polo estado da Ruta BTT Permanente

 

En Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír co noso traballo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas. Unha das nosas funcións como grupo político con representación na corporación municipal é informar á alcaldía de problemas para veciñanza do Concello para buscar solucións o antes posible.

A III Ruta BTT Filloa da Pedra suspéndese sen que se dea ningún tipo de explicación.

O pasado 13 de marzo o Concello da Baña a través da súa páxina web oficial anuncia, sen explicar o motivo, que a III Ruta BTT Filloa da Pedra que se ia celebrar o 17 de marzo “posponse” para o 27 de outubro.

http://www.concellodabana.gal/index.php/es/inicio/nova/42-emprego-e-desenvolvemento-inicio/858-a-iii-ruta-btt-filloa-da-pedra-posponse-para-o-27-de-outubro

Lembramos que dende CxG e en sesión plenaria municipal de abril de 2018 xa pedimos explicacións pola organización da II Ruta BTT Filloa da Pedra, nesa mesma sesión o señor alcalde minte sobre a participación de devandito evento, xa que asegura que participaron 110 persoas pero a clasificación publicada na web municipal días despois manifesta que só foron 69 persoas participantes. Pódese ver na seguinte ligazón ese momento do pleno:

O ALCALDE VOLVE MENTIR NUN PLENO, DESTA VOLTA POLA RUTA BTT

O Concello segue sen devolver as cotas de inscrición.

Varias persoas que querían participar na III Ruta BTT e que xa tiñan pagada a súa cota de inscrición (5 euros para participantes en xeral e 15 para non federados) comunícannos que a día de hoxe (máis dun mes despois) aínda non se lles devolveu a cantidade pagada, algo que debería facerse o mesmo día ou na maior brevidade posíbel.

Solicitamos que se devolvan canto antes as cotas de inscrición e que se dean as oportunas explicacións

Dende Compromiso por Galicia A Baña solicitamos que se devolva xa a cantidade de cartos que se lle adebeda a cada persoa que pagara en prazo a cota de inscrición na III Ruta BTT Filloa da Pedra, se dean as pertinentes explicacións do motivo polo que se adiou este evento e se pidan as oportunas desculpas aos participantes que máis dun mes despois aínda non recibiron a devolución das súas cotas de inscrición.