O Concello da Baña por sentenza xudicial vese na obriga de recoñecer e pagar a antigüidade dos traballadores/as do Concello.

A Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF” acaba de informar que o Xulgado do Social nº 3 en sentenza 00107/2017 vén de fallar en contra do Concello da Baña e éste vese na obriga de abonar aos traballadores e traballadoras do Concello as cantidades que reclamaban así como as cantidades que se devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %.

Boa nova para os traballadores e traballadoras do Concello da Baña que despois de 8 anos reclamando que o Convenio Colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña resultase de aplicación para eles, por fin o Xulgado do Social nº 3 falla a favor dos traballadores/as .

O Concello da Baña, presidido por josé Andrés García Cardeso perde o xuízo e vese na obriga de abonarlle aos seus traballadores e traballadoras as cantidades que se deben pola falta de aplicación do Convenio Colectivo incrementadas nun 10 % de intereses.

Contra esta resolución cabe RECURSO DE SUPLICACIÓN ante a Ilma. Sala do Social do Tribunal de Xustiza de Galicia TSXG.

Dende Compromiso por Galicia “A Baña” queremos felicitar aos traballadores e traballadoras do Concello da Baña por este éxito e valorar a súa insistencia no cumplimento de algo que é xusto e o Concello da Baña lles negaba, así como á asesoría xurídica da Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF” polo éxito desta sentenza.

DESCARGAR A SENTENZA