O Concello da Baña non presenta a súa proposta de pago para o persoal e non pode celebrarse a vista oral

O pasado 12 de xuño a través da nosa páxina web publicamos un artigo no que nos facíamos eco dun comunicado do sindicato CSIF aos traballadores e traballadoras do Concello da Baña onde dicía textualmente “cuando la Abogada de CSIF se disponía a recabar información y documentación relativa a la ejecución de la Sentencia firme a favor de los/as trabajadores/as del Concello de A Baña, la cual, está intentando retrasar el gobierno municipal intencionadamente, fue invitada a marcharse de malas maneras y con intimidación y una falta total de educación y respeto por parte del Alcalde Andrés García Cardeso (PP)”.

11,30 h.-   O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, manterá un encontro co alcalde de A Baña, José Andrés García Cardeso. No despacho do conselleiro.  foto xoán crespo 21/12/15

Foto: www.xunta.gal

Lembramos que o Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela condenaba, hai xa máis dun ano, ao Concello da Baña a recoñecer  e pagar a antigüidade do persoal laboral que desempeña as súas funcións na sede consistorial, obrigando a este a restituír as cantidades anteriores á demanda e que non prescribiran, así como as que se deveñan ata a data da sentenza e, incrementadas nun 10 % de intereses.

VER SENTENZA

O 21 de xuño, cando se tiña previsto celebrar a vista oral, os traballadores e traballadoras e as súas testemuñas que asistiran a declarar observaron como non se puido celebrar a devandito xuízo oral debido a que a xuíza entendeu que non tiña sentido celebrala cando o Concello da Baña despois de recibir dous requirimentos non presentara nada.

A avogada do Concello da Baña  só levaba unha cuartilla cos nomes dos traballadores e traballadoras cunhas cantidades brutas, sen especificar cales se corresponden con salarios, antigüidade, cuatrienios, etc. Unhas cantidades que non se corresponden coas que teñen os traballadores e traballadoras e uns niveis que se corresponden coa cotización, nin sequera co convenio colectivo. Ademais a propia cuartilla, que presenta a data actual 21 de xuño de 2018, presenta un texto tachado a bolígrafo, parecéndose máis a un traballo dun alumno de Educación Primaria que unha proposta formal presentada por unha administración local.

510966_sentencia_juez_trata_personas

Fontes anónimas dese mesmo Xulgado do Social coméntanos que é a primeira vez que teñen constancia que nunha execución dunha sentenza despois de dous requirimentos á administración pública, neste caso ao Concello da Baña, este faga caso omiso e nin conteste nin execute o pago pertinente aos traballadores e traballadoras.

A avogada dos traballadores e traballadoras, do sindicato CSI-CSIF, presentou un documento de alegacións con 98 páxinas, mentres  que a xuíza, a maxistrada, Dona María Souto González, dou un novo prazo dun mes para que o Concello da Baña presente as súas propias alegacións, no caso de que transcorran eses 30 días e non sexan recibidas, a xuíza confirmou que daría a proposta do CSIF como válida.

Dende Compromiso por Galicia non entendemos como o Concello da Baña envía á avogada (honorarios que se pagan cos cartos de todos os veciños e veciñas) sen ningunha proposta concreta, e consecuentemente volvemos insistir e solicitamos ao grupo de goberno (PP) que colabore coa xustiza e co sindicato CSI-CSIF buscando a mellor solución en beneficio dos traballadores e traballadoras, que deben cobrar o que di a sentenza, cantidades ás que teñen dereito e lexitimamente lle corresponden.