O Concello da Baña desenténdese dos plans de fixación de poboación no rural do seu propio partido.

vivenda rural

Dende Compromiso por Galicia apostamos por frear a sangría demográfica que existe no noso Concello nos últimos anos (lembramos que nos últimos 20 anos pasamos de máis de 5.500 habitantes a pouco máis de 3.000) e queremos informar á veciñanza das axudas que existen de organismos públicos e das que poden ser beneficiarios homes e mulleres que queiran asentarse no noso Concello.

padron-1000x635Gráfico publicado na web de CxG A Baña no 2015

O Concello da Baña non mostra interese por asentar poboación no noso municipio.

Xa demandamos con anterioridade (pleno de febreiro de 2017) que o Concello da Baña, grazas ao convenio asinado entre o IGVS e a Fegamp, participara no programa VIVENDAS BALEIRAS dedicado a destinar vivendas baleiras de propiedade pública ou privada ao alugueiro social por parte de familias desfavorecidas. Fixeramos una artigo na nosa páxina web explicando as características deste proxecto. VER ARTIGO

VER MOMENTO EXACTO DO PLENO ONDE O NOSO CONCELLEIRO EXPLICA O PROGRAMA VIVENDAS BALEIRAS E SOLICITA QUE SE PARTICIPE NEL

O señor alcalde, comunicáranos que era un proxecto “interesante” pero nada fixo ao respecto e o Concello da Baña non consta na listaxe de concellos adheridos.

Por outra banda, o pasado 10 de outubro a Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo publicou as bases reguladoras das axudas para a adquisición de vivenda do Plan estatal de vivenda 2018-2021, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

Nesas bases especifícase que a Xunta de Galicia subvencionará con ata 10.800 euros a adquisición de vivenda por parte de menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes. Os propietarios/as das vivendas mercadas no Concello da Baña durante o ano 2018, xa que logo, derían beneficiarios/as desta subvención.

O prazo para a presentación de solicitudes estará aberto durante un mes, sendo o último día para poder acollerse á convocatoria o 16 de novembro.

QUE REQUISITOS DEBEN CUMPRIR OS E AS SOLICITANTES DESTA AXUDA?

  • Ter menos de 35 anos de idade na data de presentación da solicitude.
    • Ter nacionalidade española ou residencia legal en España.
    • Dispoñer duns ingresos anuais por parte das persoas que compoñen a unidade de convivencia iguais ou inferiores a tres veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem). Excepcionalmente, os ingresos poderán chegar a 4 veces o Iprem no caso de familias numerosas de categoría xeral ou unidades de convivencia con discapacitados; e no caso de familias numerosas de categoría especial ou unidades de convivencia nos que algún membro sufra unha das discapacidades establecidas na resolución, o límite será de 5 veces o Iprem.

QUE REQUISITOS DEBEN CUMPRIR OS E AS SOLICITANTES DESTA AXUDA?

• Estar emprazada nun concello de menos de 5.000 habitantes ( as do Concello da Baña cumpren este requisito).
• Que se trate dunha vivenda xa construída. Para estes efectos, admitiranse tanto as vivendas novas como as usadas.
• O prezo de adquisición da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, será igual ou inferior a 100.000 euros.

Máis información na seguinte ligazón.

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34391/xunta-subvencionara-con-ata-10-800-euros-compra-vivenda-menores-35-anos-concellos

 

 Como é posible que o Concello da Baña non informe sobre este tipo de axudas?

Como é posible que na páxina web nin no Facebook oficial do Concello da Baña (ese que pola súa xestión o Concello paga 484 euros mensuais) non existe ningunha información ao respecto? Por que o señor alcalde non mostra interese por que aumente a poboación do noso Concello?

Dende Compromiso por Galicia A Baña temos claro que queremos que aumente a poboación do Concello da Baña por iso ofrecemos á veciñanza esta información, seguiremos apostando por iniciativas que traten de traer poboación e ofrecemos a nosa colaboración, na medida das nosas posibilidades, para asesorar á veciñanza sobre estas e outras axudas que contribúan a asentar poboación no noso municipio.

 

FONTES:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20181016/AnuncioC3Q2-081018-0001_gl.html
https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/34391/xunta-subvencionara-con-ata-10-800-euros-compra-vivenda-menores-35-anos-concellos
http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/861