O Concello da Baña deberá comparecer no xulgado o vindeiro 4 de outubro

O vindeiro 4 de outubro ás 12:40 horas o Concello da Baña terá que comparecer de novo no xulgado do Social nº 3 coa finalidade de dar cumprimento a sentenza que condea ao Concello da Baña a abonar aos traballadores e traballadoras as cantidades que se lle adebedan.

citacion_xudicial_concello_4_outubro_2018Citación xudicial

A Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF” informara no mes de febreiro de 2017 que o Xulgado do Social nº 3 en sentenza 00107/2017 vén de fallar en contra do Concello da Baña e éste vese na obriga de abonar aos traballadores e traballadoras do Concello as cantidades que reclamaban así como as cantidades que se devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %.

sentenza_concello_traballadoresNova publicada en “El Correo Gallego” en febreiro de 2017

FOMOS O ÚNICO GRUPO POLÍTICO QUE DEFENDEMOS OS DEREITOS DOS TRABALLADORES E TRABALLADORAS PUBLICAMENTE E INFORMAMOS Á VECIÑANZA SOBRE ESTE CASO XUDICIAL

En Compromiso por Galicia informamos á veciñanza a través dun artigo que publicamos na nosa páxina web xa que a información por parte do Concello non existiu en ningún momento. Nese mesmo artigo tamén colgamos a propia sentenza para que a veciñanza puidera descargala e informarse de primeira man do contido da mesma. Podedes descargar a sentenza na seguinte ligazón:

https://www.dropbox.com/s/xglcqtt35uenfdk/15.%20Sentencia%20A%20Ba%C3%B1a%20-%20CSIF.pdf?dl=0

A partir dese momento dende Compromiso por Galicia interesámonos polo cumplimento da sentenza e fixemos varias preguntas ao señor alcalde para que dera explicacións ao respecto tanto no pleno de abril de 2017 a través dunha pregunta escrita, como no pleno de 1 de agosto de 2018  e no de 30 de maio de 2018. As respostas do alcalde sempre foron de malos modos e sen dar ningún tipo de información obxectiva. Fixemos un video explicativo sobre o referente á sentenza no pleno de abril de 2017:

SEGUNDO O SINDICATO CSIF O ALCALDE DA BAÑA MINTE E AMEAZA AOS TRABALLADORES

La Voz de Galicia tamén publica un artigo onde explica que o CSIF repobra a actitude do alcalde da Baña onde di explicitamente que o “alcalde da Baña minte reiteradamente con respecto ás relacións cos traballadores”, ademais tamén cita que García Cardeso supuestamente ameazou aos traballadores dicindo que os procesos xudiciais «terían consecuencias sobre os traballadores».

En xuño deste ano publicamos dous novos artigos onde explicamos a pouca predisposición do señor alcalde da Baña, o señor García Cardeso, para colaborar no cumplimento da sentenza e en informar á veciñanza, ao sindicato e aos traballadores e traballadoras:

O alcalde da Baña invita a marchar do Concello “de malas maneiras e con intimidación e unha falta total de educación e respecto” á avogada dos traballadores e traballadoras.

csif_xuño_2018Nova publicada en “El Correo Gallego” en xuño

O Concello da Baña non presenta a súa proposta de pago para o persoal e non pode celebrarse a vista oral

Dende Compromiso por Galicia non entendemos como o Concello da Baña segue dilatando continuamente o cumprimento da sentenza, esiximos que o Concello faga públicas as cantidades que se lle adebedan aos traballadores e traballadoras e os custos xudiciais de todo o procedemento. Queremos seguir estando ao lado dos traballadores e traballadoras nas súas reivindicacións e consecuentemente volvemos insistir e solicitamos ao grupo de goberno (PP) que colabore coa xustiza e co sindicato CSI-CSIF buscando a mellor solución en beneficio dos traballadores e traballadoras, que deben cobrar canto antes o que di a sentenza, cantidades ás que teñen dereito e lexitimamente lle corresponden, ademais de regularizar os seus contratos.