O Concello da Baña continúa sen traballador/a social

O pasado mes de abril decatámonos pola prensa que Lucía Canabal, edil do Partido Popular no Concello da Coruña presentaba a súa renuncia como concelleira e que será substituída na Corporación Municipal da cidade herculina por Susana Pazos Meijide, actual traballadora social do Concello da Baña e que xa fora concelleira no anterior mandato municipal co goberno de Carlos Negreira.

susana_pazosFoto: lapinioncoruna.es

Sabemos da importancia que ten no noso Concello o labor da traballadora social debido ao avellentamento da poboación e a que existen un importante número de persoas dependentes e usuarios do servizo público de axuda no fogar, polo que no derradeiro pleno ordinario, o do 30 de maio de 2017, o noso concelleiro, César Ramos, na súa quenda de rogos e preguntas solicitou o seguinte: “debido a que é evidente un cambio no posto de “Traballo Social”. Queremos saber cando cederá das súas funcións e como se seleccionará ao novo traballador ou traballadora. Así mesmo, solicitamos que se faga con celeridade e que non afecte ao normal desenvolvemento dos servizos sociais do Concello”.

O señor alcalde, o popular, José Andrés García Cardeso, ademais de responder de malos modos ao noso concelleiro, algo ao que xa é unha constante nos plenos municipais, e meter presa para que este fixera a súa pregunta sen demorar, manifesta que a traballadora social primeiro ten que presentar a súa renuncia, que el só sabe o que apareceu na prensa e polo de agora non hai ningún movemento.

VER VIDEO DO PLENO

A principios deste mes varios veciños puxéronse en contacto con nós para informarnos de que a traballadora social xa non estaba prestando os seus servizos no Concello da Baña e que tiñan dificultades para que lle asinaran diferentes documentos ou para o asesoramento referente a distintos programas sociais, pola razón de que non había ningún traballador social no Concello da Baña.

O Concello da Baña está a incumprir a normativa existente en relación cos servizos sociais.

Lembramos de que segundo o artigo 34.3 da Lei 13/2008 de 3 de decembro dos servizos sociais de Galicia, nas unidades de traballo social asegurarase a presenza dun traballador ou traballadora social e segundo o artigo 61º do Decreto 99/2012, de 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, de cara a lles garantir unha oferta pública de servizos sociais a todas as persoas, con independencia da súa residencia, todos os concellos de Galicia asegurarán, como mínimo, a prestación de servizos sociais comunitarios básicos de titularidade municipal.

Ademais, segundo a Ordenanza reguladora do servizo de axuda no fogar do Concello da Baña a traballadora social é a  persoa técnica responsable do servizo de axuda no fogar que ten como funcións, entre outras, realizar o seguemento e avaliar a súa idoneidade e eficacia e intervir na programación, xestión e supervisisón do servizo.

A todo isto sumamos que a persoa que exercía tarefas de administración en colaboración coa traballadora social, Marta Allo, está actualmente de baixa laboral, así que toda a actividade que anteriormente realizaban ela máis a traballadora social recaeu na concelleira de cultura, Alicia Blanco Sande, concelleira que, como todos e todas sabemos, ten unha dedicación de 20 horas semanais na administración local.

Por todo o mencionado concluímos en que o Concello da Baña, ao non contar actualmente cun traballador ou traballadora social moitos servizos municipais están paralizados ou desantentidos ademais de existir na veciñanza unha importante falta de asesoramento e información por persoal cualificado en servizos sociais.

O Concello debe cumprir o establecido nas bases para contratar en réxime temporal un/ha traballador social do ano 2012

No 2012 o Concello da Baña presentou as Bases para contratar, en réxime laboral temporal (interinidade), un/unha traballado ou traballadora social, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña con data de 23 de abril de 2012, a súa cláusula sétima no apartado 2 di o seguinte:

índice_2Polo tanto, consideramos que este cambio de traballadora social pode realizarse conforme o mencionado en devandito apartado, xa que se trata dunha renuncia por exactamente o mesmo que no ano 2012, ademais sería o sistema de elección máis xusto e rápido, xa que non sería necesario convocar un novo procedemento selectivo e os prazos acortaríanse ao máximo nun procedemento tan importante como o da selección do traballador ou traballadora social interino/a.

A listaxe dos e das aspirante á praza de traballador social conforme ás anteriores bases e en orde da puntuación obtida aínda está colgada na páxina web municipal na seguinte ligazón:

http://www.concellodabana.gal/index.php/inicio/nova/15-bandos-municipais/90-resolucion-da-alcaldia-num-40-12

 

Dende Compromiso por Galicia volvemos incidir en que é necesario contratar, na maior brevidade posible, o servizo dun traballador ou traballadora social para evitar que este problema se manteña por máis tempo, continúen desatendidos os tan importantes programas de axuda social do Concello da Baña e os nosos veciños e veciñas estean ben informados e asesorados por unha persoa titulada en traballo social.

 

Maís información sobre esta nova:

http://cadenaser.com/emisora/2018/04/10/radio_coruna/1523360925_942672.html
https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2018/03/23/lucia-canabal-renuncia-acta-edil/1275076.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/coruna/2018/03/23/lucia-canabal-renuncia-acta-concejala/00031521800416639547637.htm
http://www.concellodabana.gal/index.php/inicio/nova/15-bandos-municipais/90-resolucion-da-alcaldia-num-40-12