O CONCELLO ADXUDICA O PROXECTO DE RENOVACIÓN DAS LUMINARIAS A UNHA EMPRESA CON ANTECEDENTES DE FRAUDE E INCUMPRIMENTOS DE CONTRATO -CRÓNICA DO PLENO EXTRAORDINARIO DE 9 DE MARZO DE 2020

Comeza a sesión con cinco minutos de retraso con toda a Corporación,  agás Manuel Landeira concelleiro do Partido Popular.

A orde do día foi a seguinte:

88339909_2957884920935157_5390680132576870400_n

Imaxes íntegras da sesión (agás o sorteo das mesas)

O primeiro punto dedicouse a realizar o sorteo dos integrantes das mesas electorais. Deste fragmento do pleno non publicaremos imaxes para respectar a lei de protección de datos.

23Corporación Municipal do Concello da Baña

2.- Adxudicación da obra denominada “Renovación das instalacións de alumado público co fin de reducir as emisións de CO2 á atmosfera no termo municipal da Baña”.

César Ramos toma a palabra e explica que a documentación da mesa de contratación non puido mirarse con moito detemento, xa que foi enviada o xoves pasado e o venres foi convocada a comisión informativa pertinente. Anuncia que vai dicir o mesmo que comentou nesa comisión:

Mirando as informacións da mesa de contratación vemos que en aspectos obxectivos e a grandes rasgos case todas as empresas teñen unha puntuación similar. A diferenza radica na valoración en aspectos subxectivos, que segundo consta na propia documentación débese a : programación, imaxes do proxecto, interpretación do proxecto, experiencia do persoal, subcontratas, etc. Dende CxG gustaríanos saber o motivo polo que esa empresa seleccionada “ Alumbrados Viarios S.A” é tan boa segundo esa puntuación e as demais tan malas, ademais de coñecer qué luminaria se vai colocar finalmente, por iso solicitamos ver a documentación completa da mesa de contratación e as súas puntuacións por partidas. O certo é que, segundo a reclamación  da empresa LUG, a luminaria que figura no proxecto, como xa comentamos anteriormente, é unha luminaria que non existe, non aparecen as súas prescripcións técnicas. Lembrades esa reclamación que non aparecía e despois apareceu?

A empresa ALUVISA (Alumbrados Viarios SA) non é que teña mala prensa, como di o señor alcalde, é que estivo involucrada en procesos xudiciais importantes. Podedes consultar en internet moitas desas novas ao respecto. E aínda que sexa unha subvención do IDAE, tamén é carto público. Esperemos que se vixíen as actuacións. O importante non é que veña medio millón de euros para A Baña, senón que eses cartos repercutan nunha mellora para a veciñanza da Baña. Polo tanto dende o noso grupo político non imos votar a favor”.

César Ramos le os seguintes titulares de prensa:

12

https://www.lne.es/oviedo/2019/12/10/ayuntamiento-propone-multa-30000-euros/2569571.html

3

https://www.elcomercio.es/oviedo/ayuntamiento-sanciona-aluvisa-20190819010240-ntvo.html

45

https://www.lavanguardia.com/local/maresme/20170224/42262267532/fraude-en-los-concursos-del-alumbrado-publico-en-cuatro-ayuntamientos-catalanes.html

76

https://www.laopinioncoruna.es/coruna/2015/08/12/trabajadores-empresa-concesionaria-semaforos/984903.html

O punto é aprobado co voto favorable de PP e PSOE e a abstención de CxG e procédese o continuar co procedemento de contratación da empresa adxudicada.

 

3.- Aprobación do Plan Marco 2020-2021

O plan Marco está dedicado a diversas actuacións de viales a explotacións agrícolas ou gandeiras, un máximo de 4. César Ramos toma a palabra e menciona o seguinte:

Un Plan Marco con moito COMPROMISO. Dúas das Catro actuacións son propostas por CxG.

Do mesmo xeito que comentamos cando se aprobou o Plan Único da Deputación, dende CxG propuxemos actuacións que xa propuxeramos na anterior lexislatura. Estas 4 actuacións incluídas na proposta que imos votar son correctas e boas para os veciños e veciñas, dúas delas propostas por CxG (O camiño cara as brañas de Gosende (A Ermida), e o Camiño cara as brañas de Vilachán (Troitosende)), polo tanto imos votar a favor.Solicitamos, como sempre que se leve un seguemento das actuacións e se realicen coa mellor calidade posible para que sexan duradeiras”.

DESCARGAR PROXECTO

O punto é aprobado co voto a favor de todos os presentes.