O Camiño de Monelos: máis de dez anos de polémica partidista.

O pasado 24 de maio celebrouse un pleno extraordinario no Concello da Baña no que figuraba como segundo punto da orde do día “Aprobación inicial da modificación puntual do PXOM na rúa Camiño de Monelos”. VER CRÓNICA DO PLENO

Este punto é aprobado co voto favorable de PP e PSOE e a abstención do concelleiro de Compromiso por Galicia.

Este proxecto de modificación puntual, xa que logo, será publicado no DOG e estará a consulta pública durante dous meses para que calquera veciño ou veciña poida presentar alegacións ao devandito proxecto.

(DESCARGAR O PROXECTO DE MODIFICACIÓN PUNTUAL DO PXOM)

Cómpre facer un resumo de todo o sucedido respecto á problemática do “Camiño de Monelos” e todas as decisión políticas adoptadas durante este tempo nas que os únicos prexudicados foron os veciños e veciñas da Baña.

O 26 de xuño de 2003, o pleno da Corporación Municipal aproba definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello da Baña. Contra dita aprobación foi presentado un recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia presentado por un particular. Este recurso, no ano 2007, é estimado e se anula en parte o acordo de aprobación definitiva do PXOM e obriga á redución do ámbito de solo urbano na rúa de Monelos ata os límites previstos previos á aprobación do PXOM, e a fixación de aliñación equidistantes ao eixe do citado camiño.

Esta sentenza é recorrida no Tribunal Supremo pero este recurso é desestimado o 27 de xaneiro de 2012, polo tanto o Concello da Baña ten que dar definitivamente cumprimento ao fallo xudicial.

Así pois, existe polémica con este tema dende que se aprobou o PXOM, no ano 2003, até o de agora que como xa dixemos se aprobou a modificación puntual o pasado 24 de maio cos votos favorables de PP e PSOE.

 

Facendo un resumo de todo o publicado nos xornais sobre esta problemática destacamos:

– O PSOE e o PP da Baña dirimirán as súas diferenzas políticas no xulgado (LVG 08/12/2003): “Fracasan as conversas entre os grupos municipais para frear a xudicialización do Concello. O principal desacordo foi o reparto de cargas na apertura dunha rúa”(…) “A ampliación do camiñode Monelos, unha ampliaciónprevista no PXOM e que, segundo o PSOE, foi promovida para permitir a legalización dunha vivenda cuia licenza outorgou de forma ilegal o Concello da Baña e que foi construída en terreo rústico. Ademais, segundo o grupo municipal do PSOE, a apertura da rúa facíase en terreos dos demais veciños sen que a estes se lles trocase a calificación urbanística de rústica a urbana como sí ocorría coa polémica vivenda”.

– “Continúan as declaracións  xudiciais pola apertura dun camiño na Baña” (LVG 20/05/2004) “Andrés García Cardeso (PP) e varios membros da comisión de goberno prestaron declaración en Negreira. En relación  a este asunto, Enrique Vázquez portavoz dos socialistas bañenses, sinalou onte que mentres o proceso penal segue o seu curso, a vía administrativa aberta por un particular en contra da apertura do camiño non está resolta. Vázquez acusou ao rexedor de querer enganar aos veciños respecto a este asunto”.

O PP e o PSOE acordan solucionar a polémica rúa de Monelos (LVG 30/11/2007): “O PSOE bañés, na oposición interpelou no último pleno ordinario ao goberno do popular Andrés García Cardeso, sobre a sentenza do TSXG que dá a razón a unha veciña no contencioso co Concello sobre a urbanización do polémico Camiño de Monelos. (…) O alcalde informou ao portavoz socialista, Enrique Vázquez, de que está á espera dunha reunión cos avogados sobre un posible recurso de casación”.

“A futura rúa de Monelos rompe o consenso na Baña” (LVG 14/12/2007): “Para o PSOE «non ten ningunha posibilidade de prosperar, e é un intento desesperado de calmar ao sector máis radical do Partido Popular da Baña que non quere por ningún medio que se abra esta rúa», aludindo a que curiosamente «antes querían a apertura da rúa de Monelos xa, para que agora non sexa menos importante, a non ser que existise unha evidente mala fe» en aras de prexudicar á familia do candidato socialista.

 QUE PENSAMOS DENDE COMPROMISO POR GALICIA A BAÑA?

O noso grupo político é claro respecto á situación do Camiño de Monelos. Queremos que, despois de máis de 10 anos de polémicas e disputas entre PP e PSOE tanto no salón de plenos como nos tribunais, se esquezan estas diferenzas, se empecen a tomar decisións en beneficio da veciñanza e se cumpla a lexislación de forma estrita. Así o fixemos saber á corporación municipal no pasado pleno extraordinario, a través do noso concelleiro César Ramos:

Este camiño leva dando lugar a unha polémica que dura máis de dez anos (co conseguinte gasto en avogados e tribunais) debido a rencillas partidistas entre os partidos con representación na corporación municipal neses anos (PP e PSOE) que é evidente que trascenderon ao ámbito persoal do alcalde e concelleiros/as. Pido que se esquezan estas polémicas e se comece dunha vez a tomar decisións en beneficio dos veciños e veciñas e de forma totalmente imparcial, lonxe de decisións partidistas”.

 

IMAXES DA RÚA CAMIÑO DE MONELOS:

 

IMG_20170520_204918150

 

 

IMG_20170520_205216353 IMG_20170520_204745835

 

FONTES:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2004/05/20/continuan-declaraciones-judiciales-apertura-camino-bana/0003_2696887.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2007/11/30/pp-psoe-bana-acuerdan-solucionar-polemica-calle-monelos/0003_6363587.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2003/12/08/psoe-pp-bana-dirimiran-diferencias-politicas-juzgado/0003_2233607.htm

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/05/17/span-langgl-bana-executa-unha-sentenza-spanspan-langgl-hai-dez-anos-sobre-camino-monelosspan/0003_201705S17C6991.htm