O alcalde decide non responder a ningunha pregunta da oposición. Crónica do pleno ordinario de 29 de xullo de 2020

Imaxes íntegras da sesión da canle de Youtube do Concello da Baña

A sesión comeza puntual co asistencia de toda a Corporación. A convocatoria foi a seguinte:

convocatoria1convocatoria 2

A continuación expoñemos un resumo do tratado nos diferentes puntos. En cada apartado pode descargarse a documentación pertinente.

– ACTAS ANTERIORES: o noso grupo abstívose na votación das actas anteriores.

Foron aprobadas todas elas co voto favorable do PSOE e a abstención do PP e CxG.

Respecto á acta da sesión do 25 de xuño de 2020 solicitamos a inclusión na acta do seguinte texto: “o señor alcalde négase a contestar ás preguntas de CxG e anuncia que serán entregadas todas elas por escrito”. CxG e PP votan en contra, PSOE a favor polo tanto non se aproba.

– MODIFICACIÓN ORDENANZAS DO PAI E ALIMENTOS: non puidemos asistir á Comisión Informativa, que foi convocada con pouca antelación e nun horario diferente ao habitual e véspera de festivo,  polo que imos absternos nas votacións.

PP e CxG abstéñense na votación e o PSOE vota a favor polo tanto apróbase a modificación na ordenanza sobre o PAI.

Respecto á ordenanza sobre os alimentos decídese deixala para o seguinte pleno ata que se inclúa unha emenda roposta polo PP.

PLAN DE IGUALDADE: PP e PSOE votan a favor e CxG abstense, polo que ete punto é aprobado.

ACTO DE MEMORIA AOS REPRESALIADOS DA ÉPOCA FRANQUISTA: votamos a favor, xa que sempre comentamos que estamos a favor deste recoñecemento tan xusto e de necesidade.

O punto é aprobado co voto favorable de toda a Corporación.

114825926_10223720555032280_3631046560907005163_nOs concelleiros de CxG A Baña, David Gontán e César Ramos

ROGOS E PREGUNTAS DE CxG

– Solicitamos que as convocatorias do pleno inclúan se é posible que asista público ou debido a medidas de prevención do COVID-19 non é posible. Xa o comentamos no anterior pleno e debido ´falta de información asistiu un veciño ao que se lle negou a entrada.

Ao non responder ás preguntas da oposición están convertendo o pleno nun mero trámite.

– Dende CxG queremos mostrar a disconformidade coa decisión da alcaldía que acaba de mostrar sobre non contestar neste pleno ás preguntas da oposición. Deste xeito o pleno convértese nun mero trámite administrativo. Os veciños e veciñas eñen que esperar un mes para que o alcalde conteste ás súas preguntas. O consenso, debate, deliberación… son a base dun procedemento democrático. Solicitamos que reconsidere a sua postura.

  1. Antes de nada gustaríanos facer mención ás respostas que nos dá a alcaldía ás nosas preguntas do pasado pleno:
  2. a)Na nosa queixa sobre os actos do 8 M que o señor alcalde nos informou en comisión informativa que o propio dia 8 non ía haber actos e despois incumpriu a súa palabra dinnos: “iniciativa xurdiu despois da comisión informativa”. Solicitamos máis formalidade e seriedade ao señor alcalde. Se por unha circunstancia excepcional é necesario incumprir un acordo adoptado pola Corporación o primeiro que se debería facer é informar ás persoas que adoptaron este acordo. Non hai que esquecer que nós somos representantes da cidadanía e deberíase ter máis respecto polos acordos adoptados por esta corporación.

Como é posible que se aprobe unha modificación dunha ordenanza en pleno e a publicación oficial no BOP non a recolla?

  1. b)Respecto á pregunta que fixemos sobre a área recreativa de Chans, non sei se recordan que no Pleno do 20 de novembro, a petición de CxG aprobamos unha serie de modificacións (digo aprobamos porque se revisan o vídeo do pleno o señor alcalde di “se non hai ningún inconvinte” e despois “queda así logo por unanimidade?”). As modificacións eran: modificar o horario no artigo 6 de 9.00 a 2.00 h., eliminar como condición para ampliar o horario “interese xeral” e indicar na propia ordenanza crear “unha lista de espera para alugala”. Nese mesmo pleno díxose que se nos ía dar copia da modificación da ordenanza da área recreativa de Chans con esas modificacións e agora vemos que se publicou no BOP sen incluír as modificacións aprobadas e sen darnos copia da mesma. Cal é o motivo?
  1. Falta documentación por entregarnos: solicitamos un informe sobre as actuacións realizadas polo grupo de goberno durante o confinamento (xa no pleno de maio).

Entendemos que para o traslado do desfibrilador do colexio á piscina seguiron vostedes os procedementos legais oportunos de acordo coa lexislación vixente. Non?

  1. Respecto á pregunta relacionada coa adquisición de desfibriladores vostedes responden: Estamos pendentes da resolución dunha subvención para poder realizar a compra. Neste intre dispoñemos dun desfibrilador na piscina municipal cedido durante o período estival polo CPI San Vicente. Entendo que para trasladar o desfibrilador do CPI de S. Vicente á piscina municipal seguiron vostedes os procedementos legais oportunos segundo o Decreto 38/2017 de 23 de marzo polo que se regula a instalación e uso de desfibriladores externos fóra do ámbito sanitario, e se crea o seu rexistro. Segundo este decreto a sinalización da dispoñibilidade do desfibrilador será clara e simple (non vin ningunha sinalización na piscina), a situación deberá precisarse nos planos informativos do lugar, as persoas físicas ou xurídicas que instalen un desfibrilador están obrigadas a notificalo ao 061 e á Consellería e entregar os datos de xeolocalización do dispositivo para crear o Rexistro de Desfibriladores Externos de Galicia. Fíxéronse estes trámites? Solicitamos copia desta documentación.

Se sempre adoptan vostedes as decisións de forma unilateral e incumpren os acordos adquiridos nas reunións é mellor que non nos convoquen a ningunha reunión máis.

  1. Nunha reunión cos tres portavoces na Casa da Cultura comentaron que había que tomar diferentes decisións respecto á actuación de mellora realizada en Paredes (S. Vicente) e quedaron vostedes en entregarnos un informe para tomar a mellor decisión conxunta e non nos entregaron nada. Como quedou iso? Incumpriron ese compromiso e volveron decidir vostedes unilateramente?
  2. Tamén nos comentaron que ían facer unha actuación na parroquia de Fiopáns e tamén solicitamos o pertinente informe da actuación que aínda non nos foi remitido. Van vostedes a facer o informe ou tamén van decidir todo sen contar cos grupos da oposición?
  3. As árbores que están plantadas nas marxes das rúas de S. Vicente están causando estragos no propio firme e nas beirarrúas, ademais de diversos problemas veciñais, teñen pensado facer algo? Persoalmente xa mandei un escrito e contestóuseme que se ían a talar dous deles (un deles xa se talou) pero pensamos que é convinte tomar unha decisión referente a todas as rúas de S. Vicente.
  4. Veciños/a de Vigobó (parroquia da Riba) demandan máis limpeza nas cunetas e arrós do lugar que restan visibilidade ao vial.
  5. Solicitamos que se revisen os espellos dos diferentes lugares que algúns están estragados, outros caídos e moitos deles cheos de suciedade que impiden que se vexa con caridade e cumpran a súa función.
  6. O 14 de maio do presente ano publicáronse no DOG a Orde de 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais asinantes do Pacto dos alcaldes para o clima e a enerxía sostible. Lembramos que os tres grupos políticos con representación votaramos a favor de asinar este Pacto dos alcaldes. Ao Concello da Baña corresponderíanlle uns 4.000 euros para realizar traballos de asistencia técnica para a elaboración dos plans de acción para o clima e a enerxía sostible (PACES) . Entendemos que se solicitou,non? Queremos ver a copia da solicitude para ver o obxecto da propia solicitude.
  7. Anteriormente nun pleno, cando se aprobou o “POS+ Adicional 2/2020” o grupo de goberno quería deixar os 147.315,97€ correspondentes para gasto corrente. O señor secretario incluso se pronunciara e nos dixera textualmente “tengan cuidado” referíndose a que dependendo do noso voto poderiamos estar incorrendo nun delito por alcance. Lembro tamén que o señor alcalde dixera publicamente “non é tempo de facer obras” pero en contraposición a todo isto esta semana pasada manda realizar unha obra de mellora na estrada que vai dende Vilar da Torre a Cabanas sen informar aos grupos da oposición de nada: orzamento, proxecto, contratación… nada de nada… e sen incluíla en ningún plan de obras. Do mesmo xeito que coa actuación na parroquia de Fiopáns que nos comentou á oposición que se ía facer si ou si e da que tampouco temos ningún dato. Se cadra é, tal como diciamos dende CxG, para o que quería este alcalde gasto corrente, para facer o que lle pete, cando lle pete e da forma que queira sen contar con ninguén para facelo. Gustaríame que aclararan cal é a situación deste Concello e o que quere este grupo de goberno, temos que aforrar, podemos incumprir a lei de gasto? Agora hai cartos para facer este tipo de actuación sen contar coa opinión da oposición? Despois nas súas respostas do anterior pleno tamén confirman que gastaron 370 euros no aluguer dunha nave que recoñecen que non ten nin auga corrente. Así mesmo, solicitamos copia do proxecto ou informe pertinente (se é que o hai) desas dúas actuacións.
  8. A mediados deste mes fíxose público que os Concello de Santa Comba, Dumbría, Coristanco e Vimianzo firmaran un acordo de colaboración coa empresa GREENALIA polo que dotará de material escolar e roupa deportiva a escolares destes municipios. Por que non se incluíu ao Concello da Baña?
  9. Vemos nos decretos que xa está adxudicada a actuación para o “Aparcamento de caravanas en Couto Carballo” á empresa Mantido, S. L. por un importe de 41.460 euros. Que procedemento se levou a cabo na súa contratación?
  10. Observamos tamén que nos decretos consta unha sanción de 500 euros ao Concello da Baña por vertidos en Gosende (expt DH.D15.64288). Poden explicar de que trata esta sanción?
  11. Gustaríanos saber se existe algún protocolo de actuación cando morre algún animal de compañía propiedade dalgún veciño ou veciña. Hai algunha empresa encargada desta tarefa?

Reconsideren vostedes a decisión de non contestar ás nosas preguntas no propio pleno. David Gontán.

  1. David Gontán solicita, tamén, que se reconsidere a decisión de non contestar ás preguntas da oposición no propio pleno.
  2. David Gontán pide explicacións sobre as respostas do alcalde e concelleira de cultura sobre ás súas preguntas do anterior pleno ordinario. O SAF e a piscina municipal.