O alcalde da Baña invita a marchar do Concello “de malas maneiras e con intimidación e unha falta total de educación e respecto” á avogada dos traballadores e traballadoras.

andresgarciacardeso2018Foto www.adiantegalicia.es

O 23 de febreiro de 2017 tivemos constancia a través da prensa e de comunicacións do sindicato CSI-CSIF de que o Xulgado do Social nº 3 de Santiago de Compostela condenaba ao Concello da Baña a recoñecer  e pagar a antigüidade do persoal laboral que desempeña as súas funcións na sede consistorial, obrigando a este a restituír as cantidades anteriores á demanda e que non prescribiran, así como as que se deveñan ata a data da sentenza e, incrementadas nun 10 % de intereses. A denuncia foi interposta pola Central Sindical Independente e de Funcionarios tras fracasar a vía administrativa para que o convenio colectivo para oficinas e despachos a nivel provincial resultase de aplicación para os traballadores municipais.

Ver artigo web publicado na nosa web sobre esta nova

En varios plenos (marzo e agosto de 2017),  preguntamos pola situación dos traballadores e traballadoras respecto a esta sentenza xa que sabiamos que a información dada polo Concello a eles sempre foi deficiente e non clarificadora, incluso colgamos na nosa canle de YOUTUBE un vídeo explicativo.

https://www.youtube.com/watch?time_continue=29&v=jq47emohrsQ

Ao ser coñecedores de que o vindeiro 21 de xuño celebrarase unha vista oral sobre este tema preguntamos de novo no pleno pasado de 30 de maio se había novidades  e solicitando de novo un informe que nos indicara o número de traballadores ou traballadoras afectados e unha cantidade aproximada que se lle adebeda ao persoal.

Sabiamos que a relación existente entre o CSIF e o alcalde non era a mellor debido a notificacións que enviaron á prensa durante este tempo e que culpaban a José Andrés García Cardeso a tratar con “falta total de respecto y atención y desprecio  absoluto” (palabras textuais do sindicato CSI-CSIF como pode verse no video de máis arriba). Hoxe chegounos unha nova notificación do sindicato denunciando uns feitos ocorridos o pasado venres na Casa do Concello que di textualmente o seguinte.

Texto enviado polo sindicato CSI-CSIF:

“En la mañana de hoy se produjo un hecho muy grave y que queremos denunciar, cuando la Abogada de CSIF se disponía a recabar información y documentación relativa a la ejecución de la Sentencia firme a favor de los/as trabajadores/as del Concello de A Baña, la cual, está intentando retrasar el gobierno municipal intencionadamente, fue invitada a marcharse de malas maneras y con intimidación y una falta total de educación y respeto por parte del Alcalde Andrés García Cardeso (PP), por eso queremos informar que la Abogada se fue,  pero se fue al Juzgado a hablar con la Jueza y explicarle la situación. Esta actitud del Alcalde es pública y lo demostró en diversas ocasiones como así lo demuestra la gloriosa Hemeroteca y que os adjuntamos al final de este Whatsapp. Por eso queremos desde el Sector de Administración Local agradecerle, hoy más que nunca, el magnífico trabajo que realiza día a día, y personalmente enviarle un beso y todo mi apoyo, además tengo muy claro que esto le va a salir caro al Alcalde y una vez más demuestra quién es”.

            Dende Compromiso por Galicia criticamos enerxicamente a suposta actitude do señor alcalde coa devandita avogada, queremos que o Concello aclare se son certas as anteriores declaracións do sindicato, que o alcalde colabore dunha vez cos traballadores e traballadoras para que cobren a totalidade das cantidades que se lles adebeda segundo a sentenza do Xulgado do Social nº 3 e se deixen de amosar por parte do señor alcalde estas actitudes que non fan máis que dar mala prensa, amosar mala imaxe e manchar o nome do Concello da Baña.

A continuación outras novas que foron publicadas con anterioridade respecto a este tema:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2017/04/19/csif-gana-dos-pleitos-concello-bana-acusa-cardeso-obstaculizar-trabajo/0003_201704S19C6996.htm
https://www.adiantegalicia.es/municipal/2017/04/20/csif-desdice-al-alcalde-de-a-bana-y-denuncia-amenazas.html
https://www.adiantegalicia.es/municipal/2017/04/20/el-csif-se-mantiene-firme-garcia-cardeso-miente.html