NOTIFICADO O AUTO DE EXECUCIÓN DA SENTENZA QUE OBRIGA A PAGAR A ANTIGÜIDADE AOS TRABALLADORES/AS DO CONCELLO DA BAÑA

Unha sentenza de febreiro de 2017 que obriga ao Concello a pagar as cantidades que reclamaban os traballadores/as

En febreiro de 2017 a Central Sindical Independente e de Funcionarios “CSIF” informa que o Xulgado do Social nº 3 en sentenza 00107/2017 vén de fallar en contra do Concello da Baña e éste vese na obriga de abonar aos traballadores e traballadoras do Concello as cantidades que reclamaban así como as cantidades que se devenguen ata a data da sentenza incrementadas nun 10 %.

VER ARTIGO SOBRE ESTA SENTENZA

sentenza_concello_traballadoresNova publicada en “El Correo Gallego” en febreiro de 2017

Un litixio que dura máis de 9 anos

Os traballadores e traballadoras levaban máis de 8 anos reclamando que o Convenio Colectivo para o sector de oficinas e despachos provincial da Coruña resultase de aplicación para eles, e por fin o Xulgado do Social nº 3 falla a favor dos traballadores/as en febreiro de 2017.

O litixio estaba pendente do auto de execución, unha vez que as dúas partes (Concello e sindicato) presentaran a súa proposta de pago. Devandito auto, con data de 14 de xuño, di que se executa ata a sentenza do conflito colectivo (febreiro de 2017), así mesmo manifesta que as cantidades adebedadas a partir da data da sentenza debe reclamalas de forma individual cada traballador ou traballadora.

DESCARGAR A RESOLUCIÓN XUDICIAL

O Concello da Baña adebeda máis de 100.000 euros aos seus traballadores/as

O auto ordena ao Concello “aplicar” (entendemos que regularizar a situación) o convenio, polo que entendemos que de conformidade terán que regularizar polo menos o salario a día de hoxe. A propia resolución cita tan só a 5 traballadores/as ou traballadoras cando debería citar a doce, polo que a avogada dos mesmos vai presentar unha aclaración, xa que se deduce que esta situación é consecuencia dun erro material.

Segundo as nosas informacións o Concello da Baña adebeda aos traballadores e traballadoras unha cantidade total de máis de 100.000 euros.

Dende CxG A Baña levamos tempo informando sobre este problema a través da publicación de varios artigos (que poden ser consultados ao final desta páxina) e reclamando que o Concello da Baña colabore cos traballadores e traballadoras para que cobraran a totalidade das cantidades que por xustiza lles corresponde.

csif_xuño_2018Nova publicada en “El Correo Gallego” en xuño de 2018

Dende CxG solicitamos que se cumpla con celeridade o pago aos traballadores/as e se regularice a súa situación

Nos últimos días fixemos entrega no rexistro municipal dunha solicitude instando ao novo grupo de goberno, encabezado polo novo rexedor, José Antonio Pereira Gil, que execute a sentenza e regularice a situación dos traballadores e traballadoras con celeridade.

DESCARGAR SOLICITUDE ENTREGADA NO REXISTRO

Máis información

http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-por-sentenza-xudicial-vese-na-obriga-de-reconecer-e-pagar-a-antiguidade-dunha-parte-dos-traballadoresas-do-concello/
http://abana.compromiso.gal/cuestions-sobre-sentenza-persoal-laboral-concello/
http://abana.compromiso.gal/o-alcalde-da-bana-invita-a-marchar-do-concello-de-malas-maneiras-e-con-intimidacion-e-una-falta-total-de-educacion-e-respecto-a-avogada-dos-traballadores-e-traballadoras/
http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-non-presenta-a-sua-proposta-de-pago-para-o-persoal-laboral-e-non-pode-celebrarse-a-vista-oral/
http://abana.compromiso.gal/o-concello-da-bana-debera-comparecer-no-xulgado-o-vindeiro-4-de-outubro/
http://abana.compromiso.gal/celebrada-nova-vista-oral-para-o-cumprimento-da-sentenza-que-obriga-ao-concello-da-bana-a-pagar-a-antiguidade-aos-traballadoresas/

Novas publicadas

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/a-bana/2017/04/19/csif-gana-dos-pleitos-concello-bana-acusa-cardeso-obstaculizar-trabajo/0003_201704S19C6996.htm
https://www.adiantegalicia.es/medio-rural/2017/04/20/csif-desdice-al-alcalde-de-a-bana-y-denuncia-amenazas.html
https://www.adiantegalicia.es/medio-rural/2017/04/20/el-csif-se-mantiene-firme-garcia-cardeso-miente.html