Nerea Vázquez Campos, a nosa número 8

Teño 21 anos. Nacín en Suiza e cun ano vin para Seilán, a terra de meus pais e avós. Levo dende os 16 anos traballando na hostalería. A partir do 2014 son a presidenta da comisión de festas de Seilán.
Entro na política bañense porque non vexo que se fagan tantas actividades culturais e deportivas no noso concello. E as que se fan moi poucas van dirixidas á xuventude, polo que moita ten que marchar cara a outros concellos. Elixín Compromiso por Galicia porque é un partido novo, no que podo participar con voz e voto nas súas decisións e porque creo que A Baña necesita o cambio que promove o programa de Compromiso.

nerea