MOCIÓN SOBRE A PARTICIPACIÓN DE TODOS OS PARTIDOS NAS MESAS DE CONTRATACIÓN

A Mesa de Contratación é un órgano de asistencia técnica especiaizada en materia de contratación administrativa que debe actuar de forma obrigatoria nos procedementos abertos, restrinxidos, e negociados, e que se ancarga, principalmente, de vaorar as proposicións dos licitadores e propoñer ao órgano de contratación a adxudicación do conrtato a favor de aquel que presenta a mellor oferta.

meeting-1015591_1280-1000x620

O señor alcalde incumpre o seu compromiso de que nas mesas de contratación houbera un representante de cada partido.

A pesar de que nunha reunión que organizou o señor alcalde cos portavoces dos grupos políticos ( o 3 de xullo de 2019) para tratar diferentes aspectos de organización. previa ao pleno de organización, comprometeuse a que nas mesas de contratación estiveran convocados representantes dos tres grupos políticos con representación. observamos que o señor alcalde até o de agora só convoca a concelleiros do seu grupo poítico (PSOE).

Tanto no pleno ordinario do 25 de setembro, como no do 30 de outubro, dende CxG fixemos alusión a este compromiso do señor alcalde en respectivas quendas de “Rogos e preguntas” tendo como resposta do señor alcalde a día de hoxe, simplemente un “valorarémolo”, polo que dende CxG decidimos defender a seguinte moción para que sexa debatida no vindeiro pleno ordinario.

 

MOCIÓN SOBRE A PARTICIPACIÓN DE TODOS OS PARTIDOS NAS MESAS DE CONTRATACIÓN

Hai xa 5 meses que o señor alcalde foi investido e formada a nova Corporación municipal do Concello da Baña. Dende entón temos un grupo de goberno formado por só 4 concelleiros do PSOE, dos 11 que somos na Corporación Municipal.

Dende a agrupación local de CxG A Baña levamos moito tempo reclamando máis participación e transparencia, de feito varias das mocións entregadas e defendidas polo noso grupo político na anterior lexislatura ían dirixidas a unha mellora na maneira de gobernar, facendo da transparencia e a participación, bandeira da rexeneración democrática e tratando de implantar mecanismos de control democráticos. Para CxG o noso modelo é crear estruturas pertinentes coa finalidade que todos os partidos estean presentes na acción política do Concello para gañar importancia na toma de decisións e crear espazos de participación veciñal directa.

A participación e o diálogo non pode resumirse á solicitude de suxestións a propostas xa feitas, ou á información posterior de acordos xa adoptados polo grupo de goberno, senón á transparencia e negociación das partes para chegar a acordos e consensos. Máis aínda tendo en conta as características deste goberno en minoría.

Segundo o artigo 320 do Texto Refundido da lei de Contratos do Sector Público, a Mesa de Contratación estará integrada por un Presidente, un Secretario, e os vogais que se determinen regulamentariamente. O secretario deberá ser designado entre funcionarios ou, no seu defecto, outro tipo de persoal dependente do órgano de contratación, e entre os vogais deberán figurar necesariamente un funcionario de entre os que teñan atribuído legal ou regulamentariamente o asesoramento xurídico do órgano de contratación e un interventor, ou, a falta de estes, unha persoa ao servizo do órgano de contratación que teña atribuídas as funcións correspondentes ao seu asesoramento xurídico, e outra que teña atribuídas as relativas ao seu control económico-orzamentario.

Queremos comezar a concretar esta mellora do nivel de participación coa presenza de todos os grupos políticos desta Corporación nas mesas de contratación. Pese a ser un compromiso adquirido polo novo alcalde antes do pleno de organización, observamos, como xa mencionamos no anterior pleno ordinario, que só están a formar parte das mesas de contratación concelleiros ou concelleiras do grupo de goberno.

A nosa proposta é que se incorporen a estes organismos de selección os representantes dos dous grupos da oposición para que a súa presenza permita supervisar os procedementos de contratación e darlles máis control e lexitimidade democrática

Por todo o anterior Compromiso por Galicia A Baña PROPÓN AO PLENO DO CONCELLO DA BAÑA A ADOPCIÓN DO SEGUINTE ACORDO ÚNICO:

A incorporación ás mesas de contratación de representantes dos tres partidos políticos con representación na Corporación Municipal.