Mercores 28 de setembro, ás 14:00h, pleno ordinario.

Mañá celebrase ás 14:00h no centro social e da 3ª idade de San Vicente un novo pleno ordinario, o quinto deste ano. A orde do día é a que segue:

  1. Aprobación das actas anteriores.
  2. Dar conta das resolucións da alcaldía.
  3. Aprobación da conta xeral 2015.
  4. Proxecto CPI.
  5. Actuacións de control: mocións e rogos e preguntas.

Lembramos que para este pleno presentamos a moción sobre a protección do patrimonio do noso concello.