O pasado 1 de setembro, coincidindo coa volta ao traballo do profesorado do CPI de S.Vicente achegámonos ao centro educativo para ver as melloras que se fixeron durante o verán e manter unha xuntanza coa directora do centro.
Este espazo cuberto é onde se realizarán as obras do proxecto aprobado no pleno extraordinario do día 30 de agosto. Este proxecto consiste na transformación deste patio cuberto grande (debaixo de infantil) nunha sala multiusos que servirá para as actividades do colexio.

Tamén vimos varios dos arranxos feitos no verán:
- Colocación e pintado de aramados nas ramplas.


- Pintado dos pasamáns das escaleiras de primaria e secundaria.


- Colocación dun novo teito no acceso á primaria.

- Arranxo do tellado do ximnasio.

E o que nos contaron que queda por facer:
- Pintar fachada.

- Cambiar ventas antigas.

- Cambiar colectores.

- Arranxar a canastra.

- Executar a obra do PAS no firme do patio de recreo.
