María Jardón Campos, 6ª de Compromiso na Baña

Chámome María e quixo a vida traerme ao Barro. Daquí son o meu marido, os meus fillos e o meu neto. Precisamente é a preocupación polo seu futuro o que me fixo incorporarme ao proxecto de Compromiso na Baña. Porque quero achegar o meu grao de area para virar o camiño que está a levar este Concello. Porque quero que o meu neto, e a mocidade da Baña poda desenvolver a súa vida na terra que lle viu nacer. Nunca estiven en política, pero sempre tiven valores: os do ben común, os da comunidade e os de axudar á veciñanza. E iso é Compromiso e iso é o que quero para A Baña.

maria