Marcos Vieito Míguez, o noso nº 5

Natural de Cantalarrana, na parroquia de Lañas e ten 31 anos. Leva desde os 17 anos traballando de pintor, e hai 1 ano fíxose autónomo. Colabora sempre que pode coa xuventude de Lañas, como por exemplo facendo a carroza deste entroido ou no fútbol 7 que organizaron hai un ano.
Elixiu Compromiso porque é un partido político diferente aos demáis, no que todas as voces contan e cun proxecto que ilusiona. Ten moitas ganas de traballar polo ben dos veciños e veciñas da Baña e considera que o concello necesita un cambio urxente para frealo do continuo decrecemento ao que leva sometido durante estes últimos anos.

marcos