Maite Noya Torreira, a 10 de Compromiso A Baña.

Maite2

O meu nome é María Teresa Noya Torreira , teño 42 anos e vivo en Fiopáns parroquia do concello de A Baña. Estudiei un grado superior de Técnico administrativo, profesión que desempeñei durante 14 anos.Foi nesta tempada que tamén estiven como cantante dun dúo musical, tendo o pracer de amenizar moitas vodas da veciñanza. Máis tarde traballei 5 anos como dependenta de xoiaría e na actualidade estou ao coidado dos meus fillos.

Estou con Compromiso por Galicia porque é un partido que reúne tódalas cualidades que precisa o noso concello para progresar, con propostas e iniciativas de xente emprendedora, dinámica, preparada e con ganas de comprometerse para que o noso concello avance , mellorando a calidade de vida de tódolos veciños e veciñas.