Lorena Trillo López, a 6ª de Compromiso por Galicia A Baña

Lorena

Teño 23 anos e son do Castro, parroquia de Lañas. Son Técnico Superior de Educación Infantil e actualmente estou rematando o Grado de Educación Social na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén formo parte dende o ano 2014, da Asociación Cultural «Os Pícaros de Troitosende», desa mesma parroquia, coa cal tamén estou moi vinculada.

Actualmente, xunto as miñas compañeiras, estamos inmersas nun programa de Aprendizaxe e Servizo da USC onde creamos un proxecto en colaboración coa ONG Ecos do Sur, unha organización para a integración das persoas migrantes e a cooperación internacional; ademais de ser socia da organización Médicos sen Fronteiras.

Neste últimos anos comecei a ter interese polo mundo da política e agora, por primeira vez, formo parte dunha lista electoral, a cal me entusiasma e me representa.  Considero que con estas novas propostas se poden producir grandes melloras no noso Concello e ninguén mellor que Compromiso para levalas a cabo.