Limpeza da estrada Ermida – Francos

César Ramos Domínguez, en calidade de concelleiro de COMPROMISO POR GALICIA na actual corporación municipal.

EXPÓN

En Compromiso por Galicia queremos sempre traballar en beneficio da veciñanza e contribuír co noso traballo á mellora da calidade de vida dos veciños e veciñas.

Unha das nosas funcións como grupo político con representación na corporación municipal é informar á alcaldía de problemas para veciñanza do Concello para buscar solucións o antes posible.

Observamos que a estrada que vai da Ermida ao lugar de Francos na parroquia de Suevos leva varios días en moi mal estado, cuberta totalmente de lama, tanto que dificulta enormemente a circulación de automóbiles (adxuntamos imaxes actuais).

Sabemos que é unha estrada moi concorrida e segundo nos contan veciños do lugar debido ás baixas temperaturas da mañá xa provocou que algún automóbil estivera a piques de saír da estrada .

SOLICITA

Que se busque unha solución a este problema canto antes e se execute unha actuación de limpeza do firme nesa estrada para facilitar a circulación pola mesma, así como tomar as medidas oportunas para que non volva estar nesa situación.

 

A Baña, 17 de xaneiro de 2017

JOSE ANDRÉS GARCÍA CARDESO ( ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE A BAÑA)

ermida-francos 3

ermida-francos 5

ermida-francos 4

 

ermida-francos 1