Instancia sobre o catastro na Baña

César Ramos Domínguez con DNI. nº 78******* en calidade de concelleiro de “COMPROMISO POR GALICIA” na actual corporación municipal.

EXPÓN

Os veciños e veciñas da Baña están recibindo nos seus fogares a liquidación do imposto sobre bens inmobles deste ano, nalgúns casos cun importe maior con relación a anos pasados debido ao procedemento de regularización catastral, xunto coa liquidación dos importes que se pagou de menos nos últimos catro anos.

En sesión plenaria ordinaria de 29 de marzo deste ano o noso grupo político solicitou que se fixera o posible para que a diferenza dos  importes dos últimos catro anos non fora reclamada á veciñanza con carácter retroactivo, así como que a mesma estivera informada debidamente de todo o procedemento.

Como finalmente, sí se lles está a reclamar esta cantidade e sendo evidente o descontento, descoñecemento xeral,  e as dificultades de moitos veciños e veciñas para facer fronte a este pago.

SOLICITA

Que se faga as pertinentes xestións na Deputación da Coruña e que o Concello da Baña realice todo o que estea na súa man para tentar facilitar o pago á veciñanza con métodos fraccionados ou calquera outra medida que facilite facer fronte a estas cantidades ao noso entender totalmente abusivas.

 

Sen máis, reciba un cordial saúdo.

A Baña, 4 de outubro de 2016.

JOSÉ ANDRÉS GARCÍA CARDESO (ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DA BAÑA).